Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 04 de outubro de 1996 Páx. 8.880

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 30013).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da entidade mercantil Ferroatlántica, co enderezo na estrada de Muros, s/n, 15270 Cee

(A Coruña) para a autorización administrativa da instalación que segue:

Ampliación do módulo de transformación de 155 MVA, composta por:

-Embarrado en cable aluminio-aceiro de 100x90 mm soportado por pórtico simple metálico.

-Seccionador tripolar de 220 kV e 1.600 A.

-Interruptor tripolar automático de 245 kV 2.500 A, e 31, 5 kA de poder de corte.

-Tres transformadores de intensidade para medida e protección de 220 kV, 400/5-5-5 A.

-Tres pararraios autoválvulas para 220 kV e 10 kA.

-Interruptor tripolar automático de 66 kV, 2.000 A e 25 kA de poder de corte.

-Tres transformadores de intensidade para medida e protección de 66 kV, 2000/5-5 A.

-Dous seccionadores tripolares de 66 kV e 2.000 A.

-Un transformador de potencia de 155 MVA, tensións de 220/66 kV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo de Monelos, 15701 A Coruña.

A Coruña, 2 de setembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

6842