Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 04 de outubro de 1996 Páx. 8.880

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa e declaración de utilidade pública, das instalación eléctrica que se cita. (Expediente 137/1994 antiguo 6582).

Ós efectos previsot nos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., co enderezo na r/ Severo Ochoa, nº 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa e declaración de utilidade pública, das instalacións que seguen:

Expediente 137/1994. Modificiación da L.A.T. a 132 kV Sabón, San Marcos, entre os apoios números 145 e 148.

Paso a liña soterrada do tramo enriba indicado ó seu paso por Vilaboa, concello de Culleredo, instalándose dous apoios metálicos fin de liña con aparellos para pase a subterráneo, con tres conductores unipolares separados 300 mm a 1,6 metros de profundidade, denominación Eprotenax D.H.V. 76/138 kV de 1.000 mm Cu + H50, de 950 metros de lonxitude, montándose no primeiro apoio tres autoválvulas 145 kV, 10 kA e un seccionador tripolar con posta a terra para unha tensión de 145 kV, no segundo apoio. Concello de Culleredo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas podrán presentar as súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 2 de setembro de 1996.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9606789