Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 04 de outubro de 1996 Páx. 8.879

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 1996 pola que se anuncian polo sistema de concurso de procedemento aberto, as obras declaradas de urxencia de reparacións varias no edificio principal do colexio de EXB Emilia Pardo Bazán de Coia-Vigo e outra máis.

Esta consellería, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar concurso de procedemento aberto das obras, declaradas de urxencia, que se citan:

-Reparacións varias no edificio principal do colexio de EXB Emilia Pardo Bazán. Coia-Vigo.

Orzamento de licitación: 42.344.312 (corenta e dous millóns trescentas corenta e catro mil trescentas doce pesetas).

Non se admiten variantes económicas.

Prazo de execución: 3 meses.

Clasificación requirida: grupo C, categoría E.

-Proxecto básico e de execución de 4 aulas, servicios e traballos varios no colexio público Carballeira, Lourizán-Pontevedra.

Orzamento de licitación: 24.949.077 (vintecatro millóns novecentas corenta e nove mil setenta e sete pesetas).

Non se admiten variantes económicas.

Prazo de execución: 3 meses.

Clasificación requirida: grupo C, categoría D.

Exposición de proxectos: os proxectos e mailos pregos de cláusulas administrativas particulares estarán de manifesto na Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento, da Secretaría Xeral desta consellería, edificio administrativo 2, San Caetano, Santiago de Compostela, durante o prazo de presentación de proposicións das 9 ás 14 horas. Os pregos de cláusulas administrativas particulares tamén se poderán examinar nas delegacións provinciais de Educación.

Prazo de presentación de proposicións.

Rematará o décimo terceiro día natural contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

ugar de presentación de proposicións.

No rexistro xeral desta consellería, edificio administrativo 2, San Caetano, Santiago de Compostela. En canto ás proposicións por correo, haberá que aterse ó disposto na cláusula 8.1 do prego das administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores.

A especificada nas cláusulas 8.2, 8.3 e 8.4 do prego das administrativas particulares.

Exame da documentación.

A mesa de contratación cualificará as documentacións presentadas e publicará a continuación, no

taboleiro de anuncios desta consellería, o resultado da dita cualificación, para que se enmenden, dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na documentación.

Apertura de proposicións.

Realizaraa a mesa de contratación ás 12 horas do sexto día hábil seguinte ó de terminación do prazo, na sala de xuntas desta consellería.

O importe deste anuncio correrá por conta da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 1996.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

558