Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 04 de outubro de 1996 Páx. 8.878

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 1996 pola que se anuncia a licitación do concurso polo procedemento aberto, trámite de urxencia, das asistencias técnicas de clave N/AC/91.15.1 e 16, N/PO/90.4.8, N/AC/90.6, N/AC/91.12.2.

A) Asistencia técnica.

1. Asistencia técnica para o control e vixilancia das obras: acondicionamento AC-431. Treito: Agrelas-Laxe, clave N/AC/91.16 e acondicionamento AC-430. Treito: Ponteceso-Agrelas, clave N/AC/91.15.1.

Clave: N/AC/91.15.1 e 16.

Orzamento: quince millóns trescentas cinco mil oitocentas setenta e cinco pesetas (15.305.875).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo I, subgrupo 1, categoría a.

2. Asistencia técnica para o control e vixilancia das obras de construcción da conexión de Cambados coa rede viaria de alta capacidade do Salnés.

Clave: N/PO/90.4.8.

Orzamento: quince millóns oitocentas cincuenta e oito mil trinta e cinco pesetas (15.858.035).

Prazo de execución: 16 meses.

Clasificación: grupo I, subgrupo 1, categoría a.

3. Asistencia técnica para o control e vixilancia das obras nova estrada de enlace entre C-543 e N-550. Treito: Rocha-Vidán.

Clave: N/AC/90.6.

Orzamento: quince millóns oitocentas cincuenta e oito mil trinta e cinco pesetas (15.858.035).

Prazo de execución: 16 meses.

Clasificación:grupo I, subgrupo 1, categoría a.

4. Asistencia técnica para o control e vixilancia das obras de acondicionamento AC-441. Treito: Baíñas-Brandomil.

Clave: N/AC/91.12.2.

Orzamento: once millóns oitocentas noventa e tres mil cincocentas vinteseis pesetas (11.893.526).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo I, subgrupo 1, categoría a.

B) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescripcións técnicas, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A dita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán de presentarse en sobre pechado no Rexistro Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado, conforme o disposto no Art. 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 1996.

P.D.(Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

7158