Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Xoves, 03 de outubro de 1996 Páx. 8.856

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 1996, da Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Lugo e Navia de Suarna, con anexos: V-2006; XG-168, por substitución da concesión: V-2006; XG-168, de igual denominación.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data 17 de xuño de 1996, resolveu outorgar, con carácter definitivo, á empresa González y de la Riva, S.L., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Lugo e Navia de Suarna, con anexos: V-2006; XG-168, por substitución da concesión: V-2006; XG-168, de igual denominación, de acordo entre outras, coas seguintes condicións particulares:

I. Itinerarios e puntos de parada.

* Lugo, Tolda, Conturiz, Nadela, Laxosa, Chamoso, Corgo, Gomeán, Veiga de Anzuelos, Sobrado, Ansareo, Baralla, Cereixal, Becerreá, Oselle, Liber, San Martiño da Ribeira, Cabana e Navia de Suarna.

* Becerreá, Cruzul, Horta, Agueira, As Nogais, Doncos, Noceda e Pedrafita do Cebreiro.

* Cereixal, Furco, Cascalla, Ponte Neira, Mazos, Empalme e Baralla.

* Liber, Pontes de Gatín, Estrada, Mosteiro, Fabal, Vilasanta, Vilanova e Ponte Doiras.

II. Expedicións.

-Lugo-Navia de Suarna.

* Dúas expedicións de ida e volta diarias.

-Ponte Doiras-Liber.

* Unha expedición de ida e volta de luns a sábado laborables.

Esta expedición enlaza en Liber cunha das expediciones que efectúa o itinerario Lugo - Navia de Suarna, e viceversa.

-Lugo-Becerreá.

* Dúas expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

* Unha expedición de ida e dúas de volta os sábados laborables.

-Becerreá-Neira de Rei-Baralla.

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

Esta expedición enlaza en Baralla cunha das expedicións que efectúa o itinerario Lugo-Navia de Suarna, e viceversa.

-Lugo-As Nogais.

* Dúas expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

* Unha expedición de ida os sábados laborables.

-Lugo-Pedrafita do Cebreiro.

* Dúas expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

* Unha expedición de ida e volta os sábados, domingos e festivos.

III. Tarifas.

Tarifa aplicable:

* Tarifa partícipe por viaxeiro/Km.: 9,7846 pesetas.

* Tarifa usuario: 10,4695 pesetas.

* Exceso de equipaxes e encargos: 1,4677 pesetas.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 1996.

Emilio García Gallego

Director xeral de Obras Públicas e Transportes

7012