Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Xoves, 03 de outubro de 1996 Páx. 8.857

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

INFORMACIÓN pública. (Expediente 4360 A.T., Exprop. 164).

En cumprimiento do disposto no artigo 31 do Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública instancia da empresa Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A., con domicilio en Lugo, r/ Cidade de Viveiro, 4, solicitando a declaración de necesidade de urxente ocupación para os efectos da imposición da de paso de enerxía eléctrica sobre bens e dereitos que se afectan segundo dispón o parágrafo 1 do artigo 14 do citado regulamento. Descríbense na relación individualizada de cada expediente, na que se indican os interesados cos que non foi posible o acordo amigable, para a execución das instalacións seguintes:

-L.M.T. ó centro de transformación das Pallotas, reelectrificación das Pallotas, Begonte, autorizada e declarada de utilidade pública, por resolución desta delegación de data 5 de marzo de 1996.

Para os efectos do disposto no número 3 do artigo 16 do regulamento mencionado, calquera persoa, dentro dos quince días seguintes ó da publciación desta resolución, que terá lugar no BOP e mais no xornal El Progreso, así como no Diario Oficial de Galicia, e os interesados en igual prazo, ós que se lles efectúa notificación individual, poderán achegar por escrito e por triplicado, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación indicada, así como formula-las alegacións procedentes por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do aludido regulamento. Para este efecto estarán expostos os expedientes cos planos de situación e parcelarios das instalacións nesta dependencia, sita en Lugo, r/ Pascual Veiga, 12-14, en horas de oficina.

En todo caso, os propietarios afectados poderán reclamar a través desta delegación que o peticionairo lles facilite os demais datos que consideren precisos para a identificación dos seus bens.

Lugo, 6 de setembro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

L.M.T. ó C.T.I. das Pallotas (Begonte) (Expte. 4360 A.T.)

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Leira nºLugarCultivoPropietario (D./Dª)DomicilioAfección (superficie m)

1Veiga anchaLaborJosé LageTrobo.27375.Trobo.Begonte336 de voo e 1,1 de apoio nº 1
2Id.PradoId.Id.742 de voo
3Id.LaborJesús Gayoso PradoEstrada, 17.27375.Trobo.Begonte364 de voo
4Id.Id.Ángel Corral DíazEstrada, 18.27375.Trobo.Begonte308 de voo
5Id.PradoJesús Veiga DíazEstrada, 3.27375.Trobo.Begonte630 de voo

Leira nºLugarCultivoPropietario (D./Dª)DomicilioAfección (superficie m)

6Id.LaborJesús Gayoso PradoEstrada, 17.27375.Trobo.Begonte1.288 de voo e 0,8 do apoio nº 2
7Id.PradoPerfecto Muñoz SoutoFrancia (descoñecido)462 de voo
8,9Id.LaborJosefa Piñeiro PradoEstrada, 23.27375.Trobo.Begonte1.078 de voo e 0,9 do apoio nº3
10Id.Id.Carmen Corral DíazEstrada, 18.27375.Trobo.Begonte.280 de voo
11Id.Monte baixoDescoñecidoDescoñecido266 de voo
12Id.Id.María Corral OrosaVidal. Trabada. Begonte.700 de voo
13Id.LaborDavid Méndez MartínezAs Travesas.27375.Trobo. Begonte.294 de voo e 1,1 do apoio nº 4
14Id.Id.Id.As Travesas.27375.Trobo.Begonte.180 de voo
15Id.PradoId.As Travesas.27375.Trobo.Begonte.196 de voo e 1,1 do apoio nº 5
16Id.LaborMartin Ferreiro CarballidoAs Travesas.27375.Trobo.Begonte.308 de voo
17As PallotasMonte altoJosefa Martínez LodeiroTrobo.27375.Trobo.Begonte.168 de voo
18Id.LaborFlorentina Méndez ChaoBilbao (descoñecido)126 de voo
19Id.Id.Daniel Pichín CarballidoTrobo.27375.Trobo.Begonte.180 de voo
20Id.Id.Julio Coira PichínTrobo.27375.Trobo.Begonte.98 de voo
20 AId.Id.Josefa Piñeiro PradoEstrada.23.27375.Trobo.Begonte.70 de voo
21Id.Id.Martín Ferreiro CarballidoAs Travesas.27375.Trobo.Begonte.168 de voo
22Id.PradoRamón Prieto PradoGaibor.27375.Gaibor.Begonte.154 de voo e 0,4 do apoio nº 6
23Id.Monte baixoHros. de Manuel GarcíaTrobo.27375.Trobo.Begonte.168 de voo e 0,4 do apoio nº 6
24Id.PradoMartín Ferreiro CarballidoAs Travesas.27375.Trobo.Begonte.140 de voo
25Id.Id.Hros. de Carballido VázquezAs Travesas.27375.Trobo.Begonte.980 de voo
26Id.Id.Josefa Méndez ChaoBilbao (descoñecido)420 de voo e 1,15 do apoio nº 7

7089