Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Xoves, 03 de outubro de 1996 Páx. 8.856

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 1996, da Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Sober-Monforte de Lemos e Vilachá: V-0365; XG-016, por substitución da concesión: V-0365; XG-016, entre Sober e Monforte de Lemos con prolongación a Vilachá.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data 17 de xuño de 1996, resolveu outorgar, con carácter definitivo, á empresa Autos Pérez López, S.A., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Sober, Monforte de Lemos e Vilachá: V-0365; XG-016, por substitución da concesión: V-0365; XG-016, entre Sober e Monforte de Lemos con prolongación a Vilachá, de acordo entre outras, coas seguintes condicions particulares:

I. Itinerarios e puntos de parada.

* Vilachá, Amandi, Lobios, As Gándaras, Piñol, Pista de Bulso, Barreiras, Barantes, Santa Marta,

Carqueixa, Froxán, Sober, Telleiros, Pista de Neira, Vacariza, Piñeiras e Monforte de Lemos.

II. Expedicións.

-Vilachá-Sober-Monforte de Lemos (25 km).

* Dúas expedicións de ida e volta de luns a venres.

-Monforte de Lemos-Sober (11,0 km).

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres.

-Sober-Vilachá (14,0 km).

* Unha expedición diaria de ida desde o día 1 ó 15 de cada mes.

III. Tarifas.

Tarifa aplicable:

* Tarifa partícipe por viaxeiro/Km.: 11,838 pesetas.

* Tarifa usuario: 12,6667 pesetas.

* Exceso de equipaxes e encargos: 1,7757 pesetas.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 1996.

Emilio García Gallego

Director xeral de Obras Públicas e Transportes

6766