Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Xoves, 03 de outubro de 1996 Páx. 8.855

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (85/1994).

Fco. Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado se seguen autos de procedemento xuízo executivo, baixo o número 85/1994, por instancia de Banco Pastor, S.A., representado polo procurador Regueiro Muñoz, contra a entidade Dolores Otero Chouza, S.L., Domingo López Iglesias e Dolores Otero Chouza, representada pola procuradora Sánchez Silva nos cales se acordou sacar a pública poxa, por termo de vinte días, os bens que logo se dirán, coas seguintes condicións:

Primeira.-Sinalouse para que teña lugar o remate en primeira poxa o próximo día 19 de novembro, ás 11.30 horas, na sala de audiencia deste xulgado, polo tipo de 10.331.250 pesetas.

Segunda.-Para o suposto de que resultase deserta a primeira, sinalouse para a segunda poxa o próximo día 19 de decembro, ás 11.30 horas, na sala de audiencia deste xulgado, coa rebaixa do 25% do tipo que o foi para a primeira.

Terceira.-Se resultase deserta a segunda, sinalouse para a terceira poxa o próximo día 17 de xaneiro de 1997, ás 11.30 horas na sala de audiencia deste xulgado, sen suxeición a tipo.

Cuarta.-Nas poxas primeira e segunda non se admitirán ofertas que non cubran o tipo correspondente.

Quinta.-Para tomar parte en calquera das tres poxas tódolos licitadores-con excepción do acredor demandante, deberán consignar previamente o 20% do tipo para seren admitidos a licitación, calculándose esta cantidade na terceira poxa respecto ó tipo da segunda, suma que deberá consignarse na conta de depósitos e consignacións deste xulgado aberta no Banco de Bilbao Vizcaya, S.A., oficina principal desta cidade, debendo facilita-lo número do expediente ou procedemento seguinte: 1584-17-0085/94, presentando o resgardo de ingreso.

Sexta.-Os títulos de propiedade dos inmobles poxados atópanse suplidos polas correspondentes certificacións rexistrais, que constan en autos, de manifesto na secretaría do xulgado, para que poidan examinalos os que desexen tomar parte na poxa, entendéndose que todo licitador os acepta como bastante, sen que poida esixir ningún outro, e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes ó crédito do actor, se os houbese, continuarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o adxudicatario os acepta e queda subrogado na necesidade de os satisfacer, sen destinarse á súa extinción o prezo de remate.

Sétima.-Poderán facerse ofertas en prego cerrado.

Oitava.-En caso de que tivese que suspenderse calquera das tres poxas, trasládase a súa celebración á mesma hora para o día seguinte hábil dentro da semana en que se sinalase a poxa suspendida.

Novena.-Devolveranse as consignacións efectuadas polos participantes á poxa, salvo a que corresponda ó mellor licitador, a que se reservará en depósito como garantía do cumprimento da obriga e, se é o caso, como parte do prezo da venda.

Décima.-Se o acredor o pedise ata o mesmo momento da celebración da poxa, tamén poderán reservarse en depósito as consignacións dos participantes que así o acepten e que cubrisen coas súas ofertas os prezos da poxa, por se o primeiro adxudicatario non cumprise coa súa obriga e

desexasen aproveita-lo remate os outros licitadores e sempre pola orde delas.

Décimo primeira.-O sinalamento do lugar, día e hora para o remate notificarase ó debedor no predio ou predios poxados e, se é o caso, a publicación dos presentes edictos serve como notificación dos sinalamentos.

Bens obxecto de poxa:

Vivenda sita no municipio de Santiago de Compostela, situada na rúa República do Salvador, nº 34-2-C. Lindeiros do edificio: fronte, rúa República do Salvador; dereita, número 32 da rúa República do Salvador e esquerda praza de José Antonio. Lindeiros da vivenda: fronte, descanso das escaleiras, vivenda letra B do mesmo edificio e planta e patio de luces; dereita, entrando de Financiera Maderera, S.A.; esquerda, de Injalsa; fondo, de Injalsa e terraza anexa a vivenda C de 1 planta primeira. Predio inscrito no Rexistro da Propiedade número 2 de Santiago de Compostela, tomo 979, libro 21, folio 106, predio 1.650.

Valoración: 10.331.250 pesetas.

Dado en Santiago de Compostela o trinta e un de xullo de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

6765