Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Xoves, 03 de outubro de 1996 Páx. 8.855

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de citación de remate (331/1996).

Fc. Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela fago saber que nos autos de xuízo executivo seguidos perante este xulgado co número 331/1996, promovido pola Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra, representada polo procurador García Piccoli, contra a entidade P y C Producción y Comercio, S.L., Fernando Méndez López e Mercedes Isabel Varela Cerreira, sobre reclamación de 282.834 pesetas de principal, 100.000 pesetas orzadas para xuros e 90.000 pesetas que se calculan para custas; e dado que a entidade demandada P y C Producción y Comercio, S.L., se atopa en paradoiro ignorado, por medio do presente edicto cítase á dita demandada co fin de que no termo improrrogable de nove días compareza en autos en legal forma, mediante procurador e letrado, e se opoña á execución se lle convén, facendo constar que as copias da demanda e documentos se atopan nesta secretaría ó seu dispor, apercibíndoo de que de non

comparecer será declarada en rebeldía, e seguirá o preito o seu curso, sen o volver citar nin lle facer outras notificacións cás que determine a lei.

Sen previo requirimento de pagamento procedeuse ó embargo dos saldos que a demandada posúa en calquera clase de conta corrente, de aforro ou depósito no BBV, Banco Pastor, Caixa Galicia, Caixa de Pontevedra, Caixa Vigo, Caixa de Ourense e Banco de Crédito e Inversiones.

E para que así conste e lle sirva de citación en legal forma á demandada en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o vintenove de xullo de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

9606531