Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Xoves, 03 de outubro de 1996 Páx. 8.852

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO CONSULTIVO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 1996 pola que se anuncia convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de tres postos de traballo vacantes no Consello Consultivo de Galicia.

De acordo co artigo 23 da Lei 9/1995, do 10 de novembro, do Consello Consultivo de Galicia, e 67 e 68 do seu Regulamento de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 287/1996, do 12 de xullo, e de conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no

uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei, e logo de acordo do Pleno do Consello Consultivo adoptado en sesión do 16 de setembro deste ano,

DISPOÑO:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir polo sistema de libre designación, nos postos de traballo que se indican no anexo I desta resolución.

Segundo.-Poderán concorrer a ela tódolos funcionarios que reúnan as condicións que para os distintos postos de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes para participar na presente convocatoria presentaranse no rexistro xeral do Consello Consultivo de Galicia, (r/ Algalia de Abaixo, número 24, 2ª planta, Santiago de Compostela) ou nas oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, segundo o modelo de solicitude que se inclúe no anexo II.

Cuarto.-Os aspirantes deberán xuntar á súa solicitude un currículum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada dos méritos que se aleguen.

Quinto.-De conformidade co disposto no artigo 23 da Lei 9/1995, do 10 de novembro, do Consello Consultivo de Galicia, será requisito indispensable ser funcionario da Comunidade Autónoma de Galicia á presentación da solicitude.

Sexto.-Esta convocatoria será resolta polo Consello Consultivo de Galicia.

Sétimo.-A resolución desta convocatoria farase pública no DOG e poderán declararse desertos os postos de traballo, se se considera oportuno.

Oitavo.-O prazo de toma de posesión será de tres días se o destino anterior radica na mesma localidade que a do novo destino ou dun mes, se radica en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ó da publicación da resolución desta convocatoria no DOG.

Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Noveno.-Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no

prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, comunicándolle previamente a este Consello Consultivo a vontade de interpoñelo segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 1996.

José Antonio García Caridad

Presidente do Consello Consultivo de Galicia

ANEXO I

Código posto: 005.

Denominación do posto: xefe sección Habilitación.

Centro directivo: Consello Consultivo de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.

Tipo de posto: S.

Corpo ou escala: xeral da Administración autonómica de Galicia.

Grupo: A/B/C.

Nivel complemento destino: 25.

Complemento específico: 1.147.368.

Código posto: 006.

Denominación do posto: secretario/a presidente.

Centro directivo: Consello Consultivo de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.

Tipo de posto: N.

Corpo ou escala: xeral da Administración autonómica de Galicia.

Grupo: B/C/D.

Nivel complemento destino: 20.

Complemento específico: 590.076.

Formación específica: mecanografía.

Código posto: 007.

Denominación do posto: secretario/a de letrado-secretario xeral.

Centro directivo: Consello Consultivo de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.

Tipo de posto: N.

Corpo ou escala: xeral da Administración autonómica de Galicia.

Grupo: B/C/D.

Nivel complemento destino: 18.

Complemento específico: 524.508.

Formación específica: mecanografía.

6530