Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Mércores, 02 de outubro de 1996 Páx. 8.826

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ

ANUNCIO.

O Concello das Pontes de García Rodríguez, en sesión plenaria celebrada o día 1 de abril de 1996, aprobou a oferta de emprego público para 1996. Unha vez publicada esta oferta no BOP nº 120, do 27 de maio de 1996, e no BOE nº 160, do 3 de xullo de 1996, a corporación, en sesión plenaria celebrada o día 31 de xullo de 1996, aprobou as bases xerais e mailas específicas de determinadas prazas das que compoñen a mencioada oferta de emprego.

A teor das facultades conferidas polo artigo 5 do Real decreto 986/1991, do 7 de xuño, acórdase a súa provisión en propiedade de acordo coas citadas bases, que a seguir se transcriben:

Bases xerais

Convocatoria unitaria para a provisión en propiedade de prazas de funcionarios de carreira e persoal laboral fixo incluídas nas oferta de emprego público do Concello das Pontes de García Rodríguez para 1996.

1. Obxecto da convocatoria.

É obxecto da presente convocatoria unitaria (que se completa coas correspondentes convocatorias específicas) a provisión en propiedade das prazas de funcionarios de carreira e persoal laboral fixo incluídas na oferta de emprego público desta corporación para 1996, segundo se concreta nas ditas convocatorias

específicas e mediante o proceso selectivo que nelas se establece en cada suposto.

2. Condicións dos aspirantes.

Para tomar parte nas probas selectivas, os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos, referidos todos e cada un deles á data en que remate o prazo de presentación de solicitudes:

a) Ser español.

Non obstante o anterior, ás prazas de axudante e operario (persoal funcionario) e bibliotecario (persoal laboral), poderán concorrer tamén os nacionais dos demais estados membros da Unión Europea, logo de acredita-la súa nacionalidade consonte o disposto na Lei 17/1993, do 23 de decembro, sobre acceso a determinados sectores da función pública dos nacionais dos demais estados membros da Unión Europea, e demais normativa de desenvolvemento.

Logo de acreditación da súa nacionalidade, os nacionais daqueles estados ós que, en virtude de tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa aplicable a libre circulación de traballadores nos termos nos que está definida no tratado constitutivo da Comunidade Europea, tamén poderán concorrer ás prazas de axudante, operario e bibliotecario.

b) Ter cumpridos dezaoito anos de idade e non ter alcanzada a idade de xubilación, no caso da praza de persoal laboral.

Para as prazas de funcionarios, ter cumpridos dezaoito anos de idade e non exceder daquela na que falten máis de dez para a xubilación forzosa por idade, determinada pola lexislación básica en materia de función pública. O exceso do dito límite non afectará os funcionarios en propiedade da corporación que aspiren á promoción interna.

O requisito da didade na praza de garda da policía local establécese nas bases específicas.

c) Te-lo título esixido ou estar en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes. Os títulos requiridos para cada unha das prazas sinálanse nas convocatorias específicas respectivas.

No caso de ter titulacións non expedidas en España, estas deberán estar debidamente validadas polo Ministerio de Educación e Cultura.

d) Non ter enfermidade ou eiva física ou psíquica que impida ou sexa incompatible co normal desempeño das funcións ou tarefas correspondentes á praza á que se opte. As persoas con algunha discapacidade deberán facelo constar na súa solicitude, sinalando se precisan adaptación das probas.

A condición de minusválido e a súa compatibilidade acreditaranse con certificación da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

e) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servicio ó Estado, comunidades autó

nomas ou ás entidades locais, nin atoparse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

Os nacionais dos demais estados membros da Unión Europea ou os daqueles que teñan subscritos tratados referentes á libre circulación coa Unión Europea ratificados por España, deberán acreditar de modo fidedigno non estaren sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impidan no seu Estado o acceso á función pública.

Os anteriores requisitos, así como os específicos que se esixan, se é o caso, para cada unha das prazas, deberanse reunir con referencia ó último día do prazo de presentación de solicitudes, e gozar destes ata a toma de posesión (no caso dos aspirantes ás prazas de funcionarios) ou ata a formalización do contrato (no caso da praza de persoal laboral), e será nulo o nomeamento como funcionario de carreira (ou a formalización do contrato laboral fixo, no caso da praza de persoal laboral) dos aspirantes que estean incursos en causas de incapacidade segundo a normativa vixente.

3. Solicitudes.

3.1. As instancias nas que se solicite nos respectivos procesos selectivos dirixiranse ó alcalde-presidente do concello (directamente ou a través dos procedementos previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), no prazo de vinte días naturais contados desde o seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria específica respectiva no BOE.

Para ser admitido e, se é o caso, tomar parte na práctica das correspondentes probas, os aspirantes manifestarán nas súas solicitudes que reúnen todos e cada un dos requisitos esixidos na base 2ª, e tamén os que, se é o caso, se esixan na convocatoria específica de que se trate, referidos sempre á data de expiración do prazo sinalado para a presentación das instancias, e que se comprometen, en caso de seren propostos para o correspondente nomeamento (no caso das prazas de funcionarios), a prestaren xuramento ou promesa de acordo co que determina o Real decreto 707/1979, do 5 de abril.

Tamén terán que cumprirse, se é o caso, os requisitos especiais que se poidan establecer na convocatoria específica na que se solicite participar.

Os aspirnates con minusvalideces terán que declarar expresamente nas solicitudes que posúen tal condición, especificando o tanto por cento de discapacidade recoñecida polo órgano competente.

Os aspirantes non españois, no momento da presentación das solicitudes, deberán acredita-la nacionalidade que invocan e, así mesmo, que non están sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal, que impida no seu estado o acceso á función pública ou empregos públicos. Os anteriores documentos deberán estar certificados polas autoridades competentes.

3.2. Á instancia uniranse, inexcusablemente:

a) Fotocopia simple do DNI ou, se é co caso, documento equivalente expedido pola autoridade competente do país de orixe.

b) Xustificante acreditativo de ter aboados os dereitos de exame, na contía que se fixa para cada caso na correspondente convocatoria específica.

O pagamento dos dereitos poderase efectuar mediante aboamento directo nas oficinas da Tesourerá municipal, por xiro (postar ou telegráfico), ou ingreso nunha conta bancaria da localidade da que sexa titular único o concello. Cando o ingreso sexa por xiro ou por ingreso en conta bancaria, deberá expresarse con claridade a quen lle corresponde o ingreso e a convocatoria á que se lle atribúe o pagamento. Os dereitos de exame só lles serán devoltos ós que non fosen admitidos nas probas selectivas por non reuniren os requisitos esixidos na convocatoria.

c) Cando, nas bases das convocatorias específicas, o sistema de selección previsto sexa o de concurso-oposición ou, se é o caso, concurso de méritos, achegarase relación circunstanciada dos méritos que os aspirantes aleguen, pola orde que se establece nelas, xuntando a dita relación os documentos xustificativos destes (orixinais ou fotocopios compulsadas), pois non se tomarán en conta nin serán valorados aqueles que non queden debidamente acreditados, en tódolos seus extremos, no momento da presentación da solicitude.

d) Aqueles documentos que se establezan, se é o caso, nas bases da correspondente convocatoria específica.

4. Admisión dos aspirantes.

4.1. Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o alcalde-presidente do concello dictará resolución, no prazo máximo dun mes, na que aprobará a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos, que se publicará no BOP e exporase no taboleiro de edictos da Casa do Concello, coa indicación do prazo de emenda que, nos termos do artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, se les concede ós aspirantes excluídos.

Se houbese reclamacións, serán aceptadas ou rexeitdas na resolución pola que se aproba a lista definitiva, que se fará pública na forma indicada para a lista provisional. Contra esta resolución, que pon fin a vía administrativa, só cabe, se é o caso, interpoñer recurso contencioso-administrativo.

4.2. O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesdos a posesión dos requisitos esixidos nos procedementos selectivos derivados da presente convocatoria unitaria. Cando da documentación que debe presentarse no caso de supera-lo proceso selectivo, se desprenda que non posúen algún dos requisitos esixidos para participaren, os interesados decaerán en tódolos dereitos que puidesen derivarse da súa participación neste procedemento.

5. Tribunais cualificadores.

5.1. Os tribunais cualificadores dos procesos selectivos designaranse a teor e de conformidade co sinalado no Real decreto 986/1991, do 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas

mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da Administración local. No caso da praza de garda da policía local haberá que aterse tamén, ó disposto no Decreto 121/1995, do 20 de abril.

5.2. A designación nominal dos membros dos tribunais incluirá a dos respectivos suplentes e será publicada no BOP, así como no taboleiro de edictos da corporación, con, polo menos, un mes de antelación ó comezo das probas selectivas.

5.3. Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, comunicandollo á autoridade convocante, cando concorran as circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou estivesen preparando aspirantes ás probas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria. Os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorran aquelas circunstancias.

5.4. O tribunal non se poderá constituír nin actuar sen a presencia, cando menos, da metade dos seus memebros, titulares ou suplentes, indistintamente.

No caso de ausencia do presidente (e do seu suplente), el será substituído polo vocal que figure primeiro na relación da composición do tribunal, e no seu defecto, polo seguinte, e así sucesivamente.

No caso de ausencia do secretario (e do seu suplente), el será substituído polo vocal que corresponda segundo unha orden inversa á descrita na alínea anterior.

5.5. O tribunal poderá dispo-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes dos exercicios que xulgue oportuno, limitándose os asesores a presta-la colaboración nas súas especialidades técnicas. Os ditos asesores terán voz pero non voto.

5.6. Na convocatoria da praza de garda da policía local, o recoñecemento médico e mailo exame psicotécnico serán realizados polo facultativo ou facultativos e profesional ou profesinais que para o efecti designe o tribunal, que emitirán o oportuno informe sobre se os aspirantes son aptos ou non para o exercicio da función.

5.7. O secretario do tribunal terá voz e voto.

5.8. Para os efectos de percepción de asitencias, os compoñentes dos tribunais que actúen nos procesos selectivos terán as categorías que establece o Real decreto 236/1988, do 4 de marzo, sobre indemnizacións por razón de servicio.

6. Comezo das probas e orde de actuación dos aspirantes.

6.1. As probas non poderán comezar ata transcorridos dous meses desde a data en que apareza publicado no Boletín Oficial del Estado o anuncio da convocatoria. Quince días antes, como mínimo, do comezo dos exercicios anunciaranse no BOP e no taboleiro de editos da Casa do Concello o día, hora e lugar no que terá lugar o primeiro deles.

6.2. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en chamamento único, salvo casos de forza maior, debidamente xustificados e apreciados polo tribunal. Deberán acredita-la súa personalidade coa exhibición do DNI ou documento que o substitúa.

6.3. A actuación dos aspirantes naqueles exercicios que non poidan celebrarse conxuntamente farase por orde alfabética segundo a primeira letra do seu apelido, comezando pola letra Ñ, consonte o disposto na Resolución do 23 de febreiro de 1996 (BOE do 4 de marzo), da Secretaría de Estado para a Administración pública.

A dita orde de actuación será aplicable a tódalas convocatorias específicas derivadas da oferta de emprego público de 1996.

7. Desenvolvemento do proceso selectivo.

7.1. Se durante o desenvolvemento do proceso selectivo chegase a coñecemento do tribunal que algún dos aspirantes carece de calquera dos requisitos esixidos na convocatoria, será excluído deste, logo da audiencia do interesado. O tribunal, cando exclúa un aspirante, comunicarallo o mesmo día á autoridade que convocase o proceso selectivo.

7.2. Nas convocatorias específicas que completan a presente convocatoria unitaria concrétase o contido de cada proba, a súa forma de desenvolvemento, sistema de cualificación dos exercicios respectivos e os seus correspondentes programas.

7.3. Os aspirantes poderán realiza-los exercicios, á súa elección, en calquera das dúas linguas oficiais, agás os aspirantes non españois, que o deberán facer obrigatoriamente en castelán.

7.4. Os exercicios que se celebren por escrito poderán ser lidos publicamente se así o acorda o tribunal seleccionador.

7.5. A publicación dos anuncios de celebración do segundo exercicio e sucesivos faraa o tribunal no taboleiro de edictos da Casa do Concello.

7.6. As cualificacións dos aspirantes aprobados en cada un dos exercicios serán publicadas no taboleiro de edictos da Casa do Concello.

7.7. Entre o final dunha proba ou exercicio e o comezo da seguinte deberá transcorrer un prazo mínimo de 72 horas e, como máximo, de 45 días naturais.

7.8. Cando nas convocatorias non conste expresamente a duración dalgunha proba ou exercicio, o tribunal decidirá ó respecto, atendendo á súa natureza e características.

8. Cualificación dos exercicios e publicación de resultados finais.

8.1. A fase de concurso, cando exista, será previa á fase de oposición e non terá carácter eliminatorio, nin poderá terse en conta para supera-la fase de oposición.

8.2. A cualificación de cada exercicio efectuarase sumando as puntuacións outorgadas por cada membro do tribunal, cos límites que establecen as bases específicas, e dividindo o total polo número de membros.

8.3. Os sistemas de cualificación de cada proba sinalaranse nas respectivas convocatorias específicas.

8.4. No caso de existiren exercicios voluntarios, só terán acceso a eles os aspirantes que superasen tódolos exercicios obrigatorios eliminatorios.

8.5. Rematada a cualificación dos exercicios, o tribunal publicará a relación de aprobados por orde da puntuación final, especificando esta numericamente. Dado que en ningún caso o número de aspirantes aprobados poderá supera-lo número de prazas convocadas, a correspondente relación confeccionarase cos aspirantes que, tendo superados tódolos exercicios obrigatorios e eliminatorios, obtivesen a maior puntuación no conxunto das probas, incluída, se é o caso, a puntuación dos exercicios obrigatorios non eliminatorios, e sumándose, de se-lo caso, a puntuación dos exercicios voluntarios e as obtidas na fase de concurso.

8.6. O tribunal non poderá declarar que superaron as probas selectivas, nin que aprobaron, un número maior de aspirantes que prazas convocadas existentes.

8.7. Calquera proposta de aprobados, de nomeamento ou de formalización de contrato que contraveña o anteriormente establecido, será nula de pleno dereito.

8.8. O tribunal elevará a relación de aprobados, xunto coa acta da última sesión, ó alcalde-presidente para os efectos de tramitación do pertinente nomeamento, se se trata de prazas de funcionarios, ou para efectos de formalización do contrato laboral indefinido, se se trata de persoal laboral fixo. Esta proposta terá carácter vinculante.

9. Presentación da documentación.

9.1. No prazo de vinte días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación das listas de aspirantes aprobados, estes deberán presentar no rexistro xeral do concello os seguintes documentos:

a) Fotocopia (que deberá presentarse co orixinal para a súa compulsa) do DNI ou, se é o caso, documento equivalente expedido pola autoridade competente do país de orixe.

b) Copia autenticada ou fotocopia (que deberá presentarse co orixinal para a súa compulsa) do título, ou ben xustificante de ter cumpridos tódolos requisitos esixidos para a expedición deste. Se estes documentos estivesen expedidos despois da data de terminación do prazo de presentación de solicitudes, deberá xustificarse a data en que finalizaron os correspondentes estudios.

O título deberá estar debidamente validado polo Ministerio de Educación e Cultura no caso de non ser expedido en España.

c) Declaración xurada de non ter sido separado mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

d) Certificado médico oficial de non padecer enfermidade nin de estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible ou impida o normal desempeño das correspondentes funcións.

e) Os aspirantes propostos que teñan algunha minusvalidez e así o fixeron constar na solicitude deberán acreditar tamén o grao de minusvalidez e a súa compatibilidade co exercicio das funcións da praza, mediante certificación expedida polos organismos competentes.

f) Declaración xurada de non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade específica conforme a lexislación na materia.

g) Declaración xurada de non incorrer en ningún dos supostos de incompatibilidade establecidos legalmente.

9.2. Deberán presentarse tamén, en igual prazo, aqueles documentos acreditativos dos requisitos esixidos nas bases das convocatorias específicas.

9.3. Os aspirantes propostos estarán exentos de presentar neste prazo aqueles documentos que entregaron xunto coa solicitude no prazo habilitado para a presentación de instancias.

9.4. Se os aspirantes propostos tivesen a condición de funcionarios públicos ou traballadores laborais fixos ó servicio de calquera das administracións públicas, estarán exentos de xustificaren documentalmente as condicións e requisitos xa demostrados para obte-lo seu anterior nomeamento -ou formalización do oportuno contrato, no caso do persoal laboral fixo-, que concorden cos da convocatoria correspondente, debendo, en tal caso, presentaren certificación do organismo, consellería, corporación local ou ministerio do que dependan, acreditando a súa condición e demais circunstancias de interese que consten no seu expediente persoal ou folla de servicios.

9.5. Ante a imposibilidade, debidamente xustificada, de presenta-los documentos expresados, poderá acreditarse que se reúnen as condicións esixidas na convocatoria, mediante calquera medio de proba admisible en dereito.

9.6. Se, dentro do prazo indicado, agás os casos de forza maior, o aspirante proposto non presentase a súa documentación ou non acreditase reuni-los requisitos esixidos, non poderá ser nomeado, no caso de prazas de funcionarios, ou contratado, se se trata da praza de persoal laboral, quedando anuladas tódalas súas actuacións, sen prexuízo das responsabilidades nas que puidese incorrer por falsidade na instancia presentada para tomar parte no proceso selectivo.

9.7. Os que sexan funcionarios doutros estados membros da Unión Europea e dos países que teñan subscritos coa Unión Europea tratados internacionais relativos á libre circulación ratificados por España, poderán acredita-la súa condición mediante certificación expedida polo órgano competente na que conste que cumprén os requisitos esixidos.

10. Nomeamento de funcionarios e toma de posesión.

10.1. Concluído o proceso selectivo e achegados os documentos solicitados ou, se é o caso, acreditado que se reúnen as condicións esixidas, a alcaldía-presidencia, de acordo coa proposta do tribunal cualificador procederá ó nomeamento dos funcionarios de carreira, os cales deberán tomar posesión no prazo de trinta días, contados desde o seguinte a aquel no que lles sexa notificado o nomeamento, debendo previamente prestar xuramento ou promesa, de conformidade co establecido no Real decreto 707/1979, do 5 de abril.

10.2. No caso do aspirante proposto á praza de garde de policía local, o nomeamento será de funcionario en prácticas, e deberá supera-lo curso teórico-práctico na Academia Galega de Seguridade antes do seu nomeamento definitivo como funcionario de carreira. De non supera-lo dito curso en dúas convocatorias consecutivas como máximo, perderá tódolos dereitos á praza.

11. Formalización do contrato e período de proba (praza de persoal laboral).

11.1. Unha vez presentada a documentación solicitada ou, se é o caso, acreditado que se reúnen as condicións esixidas, a alcaldía-presidencia efectuará a contratación do aspirante proposto polo tribunal cualificador.

11.2. Será nula a contratación de quen estea incurso en causa de incapacidade específica conforme a normativa vixente.

11.3. A formalización do contrato terá lugar no prazo de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte a aquel no que lle se notifique a proposta de contratación feita polo tribunal.

11.4. Ata tanto non se formalice o contrato e se incorpore ó posto de traballo correspondente, o aspirante non terá dereito a ningunha prestación económica, podendo especificarse no contrato o período de proba a que se somete, co alcance prevido no Estatuto dos traballadores.

11.5. Transcorrido o período de proba, o aspirante seleccionado adquirirá a condición de persoal laboral fixo.

12. Normas derradeiras.

12.1. A aprobación das bases xerais e específicas e os actos administrativos que se sucedan poderán ser recorridos polos interesados nos casos e na forma prevista pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

12.2. Para o non previsto nestas bases xerais nin nas das convocatorias específicas que as completan, será de aplicación a Lei 7/1985, do 2 de abril; o Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril; a Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia; o Real decreto 896/1991, do 7 de xuño; o Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Adminis

tración da Comunidade Autónoma de Galicia; o Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e demais normas de aplicación, disposicións todas elas aplicables consonte as regras de prelación establecidas no artigo 134.2 do texto refundido de réxime local (Real decreto lexislativo 781/1986) e mais na disposición derradeira do Real decreto 896/1991.

As Pontes de García Rodríguez, 19 de agosto de 1996.

Víctor Guerreiro Pena

Alcalde-presidente

Convocatoria específica nº 1/1996.

(Persoal funcionario).

Administrativos.

Efectúase convocatoria específica para a provisión de catro prazas de administrativo segundo as seguintes bases (que completan as da convocatoria unitaria).

1. Clasificación: escala de Administración xeral. Subescala: administrativa. Categoría: administrativo.

2. Dotación económica: os emulumentos correspondentes ó grupo C do artigo 25 da Lei 30/1984, e demais segundo acordos adoptados pola corporación ó respecto e concretados na correspondente relación orzamentaria.

3. Sistema de selección: promoción interna-oposición.

4. Titulación esixida: título de bacharelato superior, formación profesional de segundo grao ou equivalente, ou ter dea anos de antigüidade en corpos ou escalas pertencentes ó grupo D. Para efectos de titulación, considérase equivalente o ter superadas as probas de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

5. Número de prazas que se convocan: catro (4).

6. Dereitos de exame: 6.880 ptas.

7. Requisitos: ademais do sinalado na base 4, os aspirantes deberán de ser funcionarios deste concello e ter unha antigüedade de, polo menos, dous anos na subescala de auxiliares da escala da Administración xeral deste concello.

Para estes efectos serán computables os servicios recoñecidos ó abeiro da Lei 70/1978, de 26 de decembro.

8. Funcións e tarefas: os seleccionados desenvolverán as funcións e tarefas propias do posto de administrativo segundo o artigo 169.1º.b) do R.D.L. 781/1986, do 18 de abril, así como as tarefas de mecanografía, taquigrafía, despacho de correspondencia, cálculo sinxelo, manexo de máquinas, arquivo de documentos e outros similares.

9. Contido do proceso selectivo, xeito de desenvolvemento e carácter dos exercicios: as probas selectivas constarán de catro exercicios, os tres primeiros obrigatorios e eliminatorios e o cuarto obrigatorio pero non eliminatorio.

Primeiro exercicio: consistirá en desenvolver por escrito, durante un período máximo de dúas horas, un tema de carácter xeral determinado polo tribunal inmediatamente antes de celebra-lo exercicio e relacionado coas materias comprendidas no programa anexo á presente convocatoria, aínda que non se ateña ó epígrafe concreto deste, tendo os aspirantes ampla liberdade en canto o que á forma de exposición se refire.

Considerarase especialmente nesta exercicio a facultade de redacción e o nivel de formación xeral.

Segundo exercicio: consistirá en desenvolver por escrito, nun período máximo dunha hora, un tema dos do programa anexo. Para tal efecto, o tribunal extraerá ó chou tres temas, un de cada parte o programa, e o aspirante elixirá libremente o que desexe desenvolver de entre os tres extraídos polo tribunal.

Terceiro exercicio: consistirá en desenvolver por escrito, durante un período máximo de tres horas, a redacción dun informe con proposta de resolución sobre dous supostos prácticas que formulará o tribunal inmediatamente antes do comezo do exercicio, relativos a tarefas administrativas correspondentes ós funcionarios da subescala.

Durante o desenvolvemento desta proga, os aspirantes poderán en todo momento facer uso dos textos legais, coleccións de xurisprudencia e libros de consulta dos que acudan provistos.

Neste exercicio considerarse a sistemática da exposición e formulación de conclusións e o coñecemento e a axeitada aplicación da normativa vixente.

Cuarto exercicio: de carácter obrigatorio e non eliminatorio, tendente a demostra-lo coñecemento do idioma galego. Comprenderá as probas que o tribunal determine, podendo ser lectura, escritura, traducción directa ou inversa e conversación.

10. Cualificación dos exercicios: cada un dos tres primeiros exercicios cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo eliminados os aspirantes que non acaden cinco puntos.

O cuarto exercicio cualificarase de 0 a 4 puntos.

11. Tribunal cualificador: a designación nominal dos membros do tribunal e dos respectivos suplentes farase pública na forma establecida nas bases xerais da convocatoria unitaria.

A súa composición será a seguinte:

-Presidente: o alcalde-presidente ou concelleiro no que delegue.

-Secretario: o do concello ou funcionario que faga as súas veces.

-Vocais: un representante da Xunta de Galicia. Un funcionario técnico do concello designado pola alcaldía.

Un funcionario con habilitación de carácter nacional nomeado polo Colexio Oficial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros.

Anexo-Programa.

-Grupo I.

Tema 1. O administrado: concepto e clases. Capacidade e causas modificativas.

Tema 2. Colaboración e participación dos cidadáns nas funcións administrativas. Relacións de colaboración e participación. Réxime de cada tipo de relación. O principio de audiencia do interesado.

Tema 3. O acto administrivo: concepto. Orixes do acto administrativo. Clases.

Tema 4. Elementos do acto administrativo.

Tema 5. Principios xerais do procedemento administrativo: concepto, clases de procedementos. Orixes e notas do procedemento. Normas reguladoras.

Tema 6. Dimensión temporal do procedemento administrativo: días e horas hábiles. Cómputo de prazos: principios xerais, días e horas hábiles, cómputo de prazos.

Tema 7. A teoría da invalidez do acto administrativo: actos nulos e anulables. Invalidez dos actos administrativos. Irregularidade dos actos administrativos. Dereito positivo español.

Tema 8. Convalidación do acto administrativo. Revisión de oficio: concepto, natureza e clases. Límites e revogación. Regulación.

Tema 9. As formas da actividade administrativa: os fins do Estado e a actividade administrativa. Clasificación da actividade administrativa.

Tema 10. O fomento: concepto, clasificación dos medios de fomento. A policía: concepto e características da policía. Clases de policía.

Tema 11. O gasto público e a súa clases: situación da teoría do gasto público. Concepto. Natureza do gasto público. Clasificación dos gastos públicos.

Tema 12. O control do gasto público. Concepto. Clases de control. Idea xeral do gasto público en España.

Tema 13. Os ingresos públicos: concepto e clases. Situación da teoría do ingreso público: concepto, clasificación dos ingresos públicos.

Tema 14. O imposto: concepto. Características. Clases de impostos. Elementos da relación tributaria. As taxas fiscais: concepto, características. As taxas no dereito positivo español.

Tema 15. O orzamento: concepto, natureza do orzamento. Doutrina clásica e concepcións modernas acerca do orzamento.

Tema 16. Idea xeral do orzamento español: natureza, principios. Etapas do orzamento estatal español. Estructura orzamentaria.

-Grupo II.

Tema 17. O municipio. Evolución. Concepto. elementos esenciais. Denominación e cambio de nome dos municipios.

Tema 18. O termo municipal: concepto, caracteres, alteracións dos térmos municipais. A poboación: concepto e clasificación. O empadroamento.

Tema 19. Organización municipal: concepto, clases de órganos. Estudio de cada un dos órganos.

Tema 20. Competencias: concepto e clases. Lexislación española.

Tema 21. Ordenanzas e regulamentos das entidades locais: concepto e diferenciacións, clases.

Tema 22. Procedemento de elaboración e aprobación das ordenanzas. Procedemento para as xerais e non específicas. Procedementos nas específicas.

Tema 23. A función pública local: ideas xerais. Concepto de funcionario. Clases de funcionarios. Organización da función pública local: órganos e grupos que a integran.

Tema 24. Os funcionarios con habilitación de carácter nacional (antigos corpos nacionais). Os funcionarios propios das corporacións. Adquisición e perda da condición de funcionario. Situacións en que poden encontrarse.

Tema 25. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais: dereitos. Deberes.

Tema 26. Incompatibilidades dos funcionarios públicos. Réxime disciplinario.

Tema 27. Dereitos económicos dos funcionarios: retribucións básicas, retribucións complementarias. Dereitos pasivos.

Tema 28. Dereitos pasivos dos funcionarios. A Seguridade Social. Prestacións.

-Grupo III.

Tema 29. Procedemento administrativo local: concepto. Principios que o inspiran. Actuacións que comprende.

Tema 30. O rexistro de entrada e saída de documentos: requisitos na presentación de documentos: carácter e existencia do rexistro. Libros que comprende e asentos nestes. Requisitos na presentación de documentos. Comunicacións e notificacións: comunicacións, notificacións.

Tema 31. Funcionamento dos órganos colexiados locais: convocatoria e orde do día. Réxime de sesións: adopción de acordos.

32. Actas e certificacións de acordos: borrador da acta e aprobación. Transcrición da acta ó libro. Sinatura da acta. Certificados de acordos.

Tema 33. Lexislación sobre réxime do solo e ordenación urbana: os seus principios inspiradores: lexislación vixente. R.D.L. 1/1992.

Tema 34. Competencia urbanística municipal: advertencias previas sobre a elaboración dos plans. Tramitación e aprobación. Os plans de iniciativa particular.

Tema 35. Intervención na edificación e uso do solo.

Tema 36. O dereito á edificación.

Tema 37. Facendas locais: clasificación dos ingresos: conceptos xerais.

Tema 38. Potestade tributaria dos entes locais. Fases da potestade tributaria. Fiscalidade das facendas locais no sistema español.

Tema 39. Os orzamentos: concepto. Contido do orzamento xeral. Anexos do orzamento xeral.

Tema 40. Estructura orzamentaria. Formación e aprobación. Entrada en vigor. Exercicio orzamentario. Liquidación. Modificacións orzamentarias.

Convocatoria específica 2/1996.

(Funcionarios de carreira).

Garda da policía local.

Efectúase convocatoria específica para a provisión dunha praza de garde da policía local, de acordo coas presentes bases. que completan as da convocatoria unitaria.

As funcións que se van realizar son as inherentes ó posto, así como, se é o caso, as de conducción de vehículos contraincendios para servicios urxentes de extinción no ámbito urbano.

1. Clasificación: escala de Administración. Subescala: servicios especiais. Clase: policía local. Categoría: garda.

2. Dotación económica: os emolumentos correspondentes ó grupo D do artigo 25 da Lei 30/1984, do 2 de agosto, e demais acordos adoptados pola corporación ó respecto e concretados na correspondente relación orzamentaria.

3. Sistema de selección: oposición libre.

4. Número de prazas que se convocan: unha (1).

5. Dereitos de exame: 5.735 ptas.

6. Requisitos específicos.

6.1. Ademais dos establecidos nas bases da convocatoria unitaria, esíxense os seguintes:

a) Idade. Ter cumpridos os dezaoito anos de idade e non exceder de trinta. Para os únicos efectos da idade máxima para o ingreso, o exceso de idade compensarase cos servicios prestados anteriormente en calidade de garda interino da policía local das Pontes de García Rodríguez.

b) Titulación. Estar en posesión do título de graduado escolar, formación profesional de 1º grao, ou equivalente.

c) Outros.

c.1) Cumprirá te-la altura mínima de 1,70 metros, os homes e 1,65 metros as mulleres.

c.2) Haberá que te-los permisos de conducción das clases A-2, B-2 e C-1.

c.3) Compromiso de portar armas e, se é o caso, chegar a utilizalas, que se prestará mediante declaración xurada e por escrito.

c.4) Acredita-la aptitude física mediante a presentación dun certificado médico, no que se faga constar expresamente que o aspirante reúne as condicións físicas e sanitarias necesarias e suficientes para a realización dos exercicios físicos que figuran especificados na correspondente oposición, o que non excluirá as comprobacións posteriores do que se reflicte no certificado médico.

6.2. Os requisitos sinalados nos apartados c.3) e c.4) da base 6.1 deberanse acreditar no momento de presentación da solicitude, mediante orixinal ou fotocopia compulsada.

6.3. Con carácter previo ó comezo das probas, realizarase a práctica de control de estatura e demais antropométricas.

7. Contido do proceso selectivo, xeito de desenvolvemento e sistema de cualificación.

7.1. Consonte co disposto no Decreto 121/1995, do 20 de abril, as probas selectivas da oposición serán de carácter teórico e práctico e nelas inclúense un recoñecemento médico, un exame psicotécnico, probas de capacitación física e unha avaliación de coñecementos xerais e específicos.

7.2. Primeiro exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Este exercicio está destinado a acredita-la aptitude ou capacitación física dos aspirantes e comprenderá a realización dos seguintes actos:

-Subir a pulso por unha corda a unha altura de 5 metros.

-Levantamento dun peso ríxido -fácil de aprehender, como unhas pesas- por riba da cabeza do aspirante, cos brazos estirados, de 50 quilos os homes e 30 as mulleres. Deberase levantar tres veces, como mínimo, nun minuto.

-Salto de altura, con listón a 1,25 metros, non sendo válido tirándose de cabeza, de lado ou de costas.

-Santo de lonxitude con carreira, de 4,20 metros.

-Percorre-la distancia de 100 metros nun tempo máximo de 15 segundos.

A cualificación deste exercico será de apto ou non apto, quedando eliminados aqueles aspirantes que non realicen satisfactoriamente todos e cada un dos actos descritos.

7.3. Segundo exercicio. Obrigatorio e eliminatorio.

Proba teórica que se desenvolverá por escrito, consistente en contestar, durante o tempo máximo de tres horas, tres temas. Para tal efecto, o tribunal elixirá ó chou dous temas de cada unha das tres partes do programa que se recolle no anexo, e o aspirante escollerá libremente un tema de cada un dos dous de cada parte do programa que lle propoña o tribunal.

7.4. Terceiro exercicio. Obrigatorio e eliminatorio.

Exercicio consistente na realización dun suposto práctico, proposto polo tribunal, relativo a funcións propias da policía local.

7.5. Cuarto exercicio. Obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá nunha proba conducente ó coñecemento do termo municipal das Pontes de García Rodríguez, (rúas,lugares, núcleos de poboación, sede de institucións, etc.).

7.6. Quinto exercicio. Obrigatorio e non eliminatorio.

Relativo ó coñecemento do galego. Comprenderá as probas que o tribunal determine, podendo ser lectura, escritura, traducción directa ou inversa, e conversación.

7.7. Sexto exercicio. Obrigatorio e eliminatorio.

Comprenderá dúas probas:

1ª) Recoñecemento médico.

2ª) Proba psicotécnica, dirixida a determina-la aptitude psícolóxica e adecuación á función policial que se vai desempeñar. Cualificarase como apto ou non apto.

7.8. Cualificación dos exercicios:

-Os exercicios segundo, terceiro e cuarto (todos eles obrigatorios e eliminatorios) cualificaranse de 0 a 10 puntos cada un deles, sendo eliminados os aspirantes que non acaden un 5.

-O quinto exercicio, obrigatorio pero non eliminatorio, será cualificado entre 0 e 4 puntos.

-Unha vez realizado o sexto exercicio, obrigatorio e eliminatorio, o tribunal, de entre os que os superasen, proporá para o seu nomeamento ó aspirante que obtivo maior puntuación no conxunto dos exercicios segundo, terceiro, cuarto e quinto.

8. Tribunal cualificador.

8.1. A composición nomunal dos membros do tribunal e dos seus respectivos suplentes farase pública consonte o disposto nas bases xerais de convocatoria unitaria.

a súa composición será a seguinte:

-Presidente: o alcalde ou membro da corporación no que delegue.

-Secretario: o do concello ou quen legalmente o substitúa.

-Vocais: un representante da Xunta de Galicia designado pola consellería competente, por proposta da Academia Galega de Seguridade, de entre os profesionais de policía local de Galicia.

Un funcionario de carreira designado polo presidente da corporación.

Un representante dos sindicatos máis representativos no concello, no ámbito do órgano de representación dos funcionarios. Este representante terá a condición de funcionario e será proposto polas organizacións referidas; no seu defecto será nomeado polo alcalde.

8.2. Tódolos vocais deberán posuí-la titulación ou especialización igual ou superior ó posto de traballo obxecto da convocatoria.

9. Nomeamento de funcionario en prácticas.

Unha vez presentada a documentación por parte do aspirante proposto, este será nomeado funcionario en prácticas, debendo supera-lo curso teórico-práctico na Academia Galega de Seguridade, antes do seu nomeamento definitivo como funcionario de carreira. Se non supera o dito curso en dúas convocatorias consecutivas, como máximo, perderá tódolos dereitos á praza.

Temario.

-Parte primeira.

Tema 1. A Constitución española. Principios básicos contidos. Estatuto de autonomía de Galicia. Liñas xerais.

Tema 2. Dereitos e deberes fundamentais dos españois.

Tema 3. A Cortes Xerais. A Coroa.

Tema 4. Organización territorial do Estado. As comunidades autónomas.

Tema 5. A Administración local. Regulación xurídica. Principios constitucionais. A provincia. O municipio. Entidades locais menores. Mancomunidades.

Tema 6. O Concello. Carácter e composición. Concello en Pleno. Comisión de goberno. Comisións informativas.

Tema 7. O alcalde. Nomeamento. Deberes e atribucións. Os concelleiros. Os tenentes de alcalde.

Tema 8. Potestade normativa das entidades locais. Ordenanzas. Clases. Elaboración. Impostos municipais.

-Parte segunda.

Tema 9. Os funcionarios públicos locais. Especial referencia á policía local.

Tema 10. Concepto, natureza e organización da policía local. Clasificación de funcións.

Tema 11. A policía local e a súa actuación como policía xudicial. Detencións. Entradas e rexistros en locais pechados.

Tema 12. Rango xerárquico da policía local. Autoridade e xefatura directa do alcalde. Supostos especiais.

Tema 13. A seguridade cidadá. Regulación e concepto. Competencia municipal. A policía local como policía de servicios. Funcións e competencia.

Tema 14. Dereitos e deberes dos membros da policía local. Réxime disciplinario. Faltas e sancións. Procedemento.

-Parte terceira.

Tema 15. Dereito penal. Concepto. O Código penal. Delictos e faltas. Penas. Formas e graos de execución do delicto. Resposabilidade, circunstancias modificativas.

Tema 16. A Lei de coordinación das policías locais de Galicia. Estructura. Contido e características.

Tema 17. Lei sobre tráfico, circulación de vehículos e seguridade vial. Concepto e contido. Organismos públicos que teñen asignadas competencias.

Tema 18. Actuación como denunciante da policía local. Competencia sancionadora. Retirada dos vehículos da vía pública. Procedemento sancionador.

Tema 19. Delictos contra a seguridade do tráfico. Casos nos que os usuarios da vía poden ser sometidos á probada de alcolemia. Elaboración.

Tema 20. Investigación de accidentes. Actuación da policía local. Confección de atestados.

Convocatoria específica nº 3/1996.

(Persoal laboral).

Bibliotecario.

É obxecto de convocatoria a selección dun bibliotecario consonte ás presentes bases específicas (que completan as da convocatoria unitaria).

1. Clasificación: persoal laboral de duración indefinida, pertencente ó cadro de persoal laboral fixo do concello.

2. Dotación económica: os emolumentos que figuran no orzamento municipal e demais que resulten, se é o caso, de acordos adoptados polos órganos corporativos.

3. Sistema de selección: oposición libre.

4. Titulación esixida: título de diplomado universitario ou equivalente.

Para estes efectos, consideráse equivalente a superación de tres cursos completos de licenciatura.

5. Numero de prazas que se convocan: unha (1).

6. Dereitos de exame: 8.025 pesetas.

8. Contido do proceso selectivo, modo de desenvolvemento e sistema de cualificación.

8.1. O proceso selectivo constará de catro exercicios, todos eles obrigatorios e os tres primeiros, ademais, eliminatorios.

8.2. Primeiro exercicio. Consistirá en desenvolver por escrito, durante un período máximo de dúas horas, un tema determinado polo tribunal inmediatamente antes de celebrarse o exercicio e relacionado coas materias da primeira parte do programa anexo á presente convocatoria, aínda que non se ateña exactamente ó epígrafe concreto.

Considerarase especialmente neste exercicio a facultade de redacción, a capacidade de síntese, os coñecementos da materia e o nivel de formación xeral.

8.3. Segundo exercicio. Consistirá en desenvolver por escrito, e no tempo máximo de catro horas, tres temas, dous da parte segunda e un da parte terceira.

Para tal efecto, o tribunal extraerá ó chou catro temas da parte segunda e o aspirante escollerá libremente dous dos catro propostos.

O tribunal, igualmente, extraerá ó chou, dous temas da parte terceira e o opositor elixirá un deles.

8.4. Terceiro exercicio. Terá carácter práctico e unha duración de dúas horas e media.

Consitirá en catalogar e indexar material de biblioteca segundo as indicacións do tribunal. Os aspirantes poderán autiliza-la lista de encabezamento de materias para bibliotecas públicas publicada pola Subdirección Xeral do Libro e Bibliotecas e a C.D.U.

8.5. Cuarto exercicio. Tendente a demostra-lo coñecemento do idioma galego. Comprenderá as probas que o tribunal determine, podendo ser lectora, escritura, traducción directa ou inversa e conversación.

8.6. Cualificación dos exercicios:

O primeiro e terceiro exercicio cualificaranse de 0 a 10 puntos cada un, sendo eliminados os opositores que non acaden un 5.

O segundo exercicio puntuarase de 0 a 20 puntos, sendo eliminados os aspirantes que non acaden 10 puntos.

O cuarto exercicio cualificarase de 0 a 5 puntos.

9. Tribunal.

A designación nominal dos compoñentes do tribunal e dos seus respectivos suplentes farase pública consonte o disposto nas bases xerais da convocatoria unitaria.

A composición será a seguinte:

-Presidente: o alcalde ou concelleiro no que delegue.

-Secretario: o secretario ou quen faga as súas veces.

-Vocais:

Un funcionario designado pola Xunta de Galicia.

Un funcionario ou un experto designado pola alcaldía-presidencia.

Un funcionario da corporación.

Anexo-Programa.

Parte primeira. (Primeiro exercicio).

Dereito político e dereito administrativo.

Tema 1. As comunidades europeas. Institucións da CEE. Dereito comunitario: características, fontes e relacións co dereito español.

Tema 2. A Constitución española de 1978. Elaboración, características, estructura.

Tema 3. Dereitos fundamentais e liberdades públicas.

Tema 4. As Cortes Xerais. O Goberno. Relacións entre unha e outra institución.

Tema 5. A Coroa. O Tribunal Constitucinal. O poder xudicial. Outros órganos regulados na Constitución.

Tema 6. A organización territorial do Estado. As comunidades autónomas: estructura e competencias. Os estatutos de autonomía: caracteres e contido.

Tema 7. A Comunidade Autónoma de Galicia (I). O Estatuto de autonomía. As competencias da Comunidade. O Parlamento. A Xunta e o seu presidente.

Tema 8. A Comunidade Autónma de Galicia (II). A Administración autonómica.

Tema 9. O municipio: evolución, concepto, elementos esenciais. Denominación e cambio de nome dos municipios.

Tema 10. O termo municipal: concepto, caracteres, alteracións dos termos municipais. A poboación: concepto e clasificación. O empadroamento.

Tema 11. Organización municipal: concepto, clases de órganos. Estudio de cada un dos órganos.

Tema 12. Competencias: concepto e clases. Lexislación española.

Tema 13. O acto administrativo: concepto, orixes do acto administrativo. Clases.

Tema 14. Elementos do acto administrativo.

Tema 15. Principios xerais do procedemento administrativo: concepto, clases de procedementos. Orixes e notas do procedemento, normas reguladoras.

Tema 16. Dimensión temporal do procedemento administrativo: días e horas hábiles. Cómputo de prazos: principios xerais, días e horas hábiles, cómputo de prazos.

Tema 17. A teoría da invalidez do acto administrativo. Actos nulos e anulables, invalidez dos actos administrativos, irregularidade dos actos administrativos. Dereito positivo español.

Tema 18. Validación do acto administrativo. Revisión de oficio: concepto, natureza e clases. Límites e revogación regulación.

Tema 19. As formas da actividade administrativa: os fins do Estado e a actividade administrativa. Clasificación da actividade administrativa.

Tema 20. O persoal ó servicio das corporacións locais: clases, dereitos e deberes. Réxime disciplinario.

-Parte segunda. (Segundo exercicio).

I. Biblioteconomía e documentación.

Tema 1. Concepto e misión dos servicios bibliotecarios. Clases de bibliotecas.

Tema 2. Bibliotecas nacionais. Concepto e función.

Tema 3. Bibliotecas públicas. Concepto e función.

Tema 4. Bibliotecas universitarias. Situacións das bibliotecas universitarias en España.

Tema 5. As bibliotecas especializadas e os centros de documentación.

Tema 6. As bibliotecas de Galicia.

Tema 7. Instalación e equipamento das bibliotecas. Conservación de materiais bibliotecarios.

Tema 8. Os documentos e as súas clases.

Tema 9. Selección e adquisición nas bibliotecas e nos centros de documentación.

Tema 10. O proceso técnico dos fondos nas bibliotecas e nos centros de documentación.

Tema 11. Os catálogos nas bibliotecas. A súa automatización.

Tema 12. Indexación e clasificación dos documentos.

Tema 13. Servicios ós lectores: información bibliográfica, difusión selectiva da información e información de usuarios.

Tema 14. Sercicio ós lectores: información bibliográfica, difusión selectiva de información e formación de usuarios. Servicio de lectores: o acceso ó documento, préstamo, préstamo interbibliotecario e fotodocumentación.

Tema 15. A cooperación bibliotecaria: as redes de bibliotecas.

Tema 16. A automatización das bibliotecas.

Tema 17. Novas tecnoloxías de almacenamento e transmisión de datos.

Tema 18. Definición e obxectivos da bibliografía. Estado actual: o control bibliográfico universal.

Tema 19. A normalización da identificación bibliográfica. ISBD, ISBN, ISSN.

Tema 20. Concepto e principais bibliografías de bibliografías, bibliografías xerais e bibliografías especializadas.

Tema 21. Concepto e principais bibliografías nacionais. Bibliografía nacional española. Fontes bibliográficas para o estudio da cultura galega.

Tema 22. Concepto e principais bibliografías de publicacións periódicas e de publicación oficiais.

Tema 23. Os catálogos colectivos. Os catálogos das grandes bibliotecas.

Tema 24. A recuperación bibliografía en liña e CD-ROM. Principais bases de datos bibliográficas.

Tema 25. O libro e as bibliotecas ata a invención da imprenta.

Tema 26. O libro e as bibliotecas desde a invención da imprenta ata o século XVIII inclusive.

Tema 27. O libro e as bibliotecas dos séculos XIX e XX.

Tema 28. A ilustración e a encadernación do libro: evolución histórica.

Tema 29. Historia das bibliotecas universitarias.

Tema 30. A industria editorial e o comercio do libro na actualidade.

-Parte terceira (segundo exercicio).

Tema 1. O Ministerio de Educación e Cultura.

Tema 2. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Tema 3. A Consellería de Cultura e Comunicación Social. A súa estructura en relación ó libro, bibliotecas, patrimonio artístico, arquivos e museos.

Tema 4. O Ministerio de Educación e Cultura e a súa estructura en relación ó libro, bibliotecas, patrimonio artístico, arquivos e museos.

Tema 5. A organización bibliotecaria en España na actualidade.

Tema 6. A Lei das bibliotecas de Galicia.

Tema 7. Lexislación sobre o patrimonio artístico, bibliográfico e documental.

Tema 8. Organizacións internacionais no campo das bibliotecas.

Tema 9. As bibliotecas na Administración local española.

Tema 10. As bibliotecas no Concello das Pontes de García Rodríguez.