Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Mércores, 02 de outubro de 1996 Páx. 8.825

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 1996 pola que se anuncia a licitación do concurso polo procedemento aberto, trámite de urxencia, das asistencias técnicas que se citan (claves OH.936.356/A.T. e OH.088.145/A.T.).

A) Asistencia técnica.

1. Asistencia técnica para a dirección de obras e control no norte da provincia de Pontevedra.

Clave: OH.936.356/A.T.

Orzamento: trinta e cinco millóns catrocentas cincuenta e nove mil setecentas quince pesetas (35.459.715).

Prazo de execución: 18 meses.

Clasificación: grupo II, subgrupo 3, categoría a.

2. Asistencia técnica para o desenvolvemento do modelo de xestión da calidade das augas.

Clave: OH.088.145/A.T.

Orzamento: trinta e cinco millóns novecentas oitenta e seis mil trescentas trinta e oito pesetas (35.986.338).

Prazo de execución: 18 meses.

Clasificación: grupo I, subgrupo 1, categoría a.

(Declaradas urxentes conforme o establecido no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas).

B) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os pregos de prescricións técnicas, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no Organismo Autónomo Augas de Galicia -Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda-, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase unha fianza definitiva equivalente o 4% do orzamento de contrata.

A devandita fianza poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado

conforme o disposto no Art. 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicions será realizada pola mesa de contratación ás dez horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 1996.

Emilio García Gallego

Presidente do Organismo Autónomo Augas de Galicia

6407