Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 01 de outubro de 1996 Páx. 8.811

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión do 24 de xullo de 1996, acordou aprobar, con carácter inicial, o estudio de detalle da parcela nº 3 do Campus Universitario en desevolvemento do Plan Especial de Reforma Interior da Unidade de actuación nº 19 do vixente Plan Xeral de Ordenación Urbana de Pontevedra; foi formulados o dito estudio pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e redactado polo enxeñeiro xefe do Servicio de Proxectos e Construcción da devandita consellería, Carlos Lefler Gullón, dispoñendo que, con carácter previo á aprobación definitiva do presente estudio de detalle, sexa presentado pola consellería un texto refundido do dito documento urbanístico subscrito polo autor del e intervido polo Servicio de Supervisión de Proxectos, no que se recolla o plano de urbanización da parcela da Facultade de Ciencias Sociais, condicionándose, deste modo, a aprobación definitiva do procedemento á presentación do texto refundido.

Durante o prazo de quince días contados a partir da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examina-lo expediente na Unidade Municipal de Fomento (Rúa dona Teresa), e formula-las alegacións que coide procedentes.

Pontevedra, 1 de agosto do 1996.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Adolfo Castro Pérez

Secretario Acctal.

9607066