Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 01 de outubro de 1996 Páx. 8.811

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 1996 pola que se anuncia o concurso público 9/1996 de procedemento aberto, das obras de rehabilitación do edificio C para centro de investigación tecnolóxica de Ferrol. (Expediente 3023/1996).

Convócase concurso público, por procedemento aberto e trámite de urxencia, as obras de rehabilitación do edificio C para centro de investigación tecnolóxica de Ferrol.

O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de subministración por concurso público, pódese retirar na xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do rectorado sita na r/ Maestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres,m e de 9 a 14 horas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, r/ Maestranza, s/n, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación das proposicións, ás 11 horas da mañá na Sala de Xunta da Xerencia; se este día coincide en sábado realizararse o luns seguinte á mesma hora.

Orzamento de contratación: catrocentos cinco millóns catrocentas dezaseis mil duascentas oitenta e oito pesetas (405.416.288).

Garantía provisional: oito millóns cento oito mil trescentas vinteseis pesetas (8.108.326).

Clasificación: grupo C, categoría F.

Prazo de execución: 11 meses.

A Coruña, 23 de setembro de 1996.

P.D. (Resolución 30-3-1990)

José María Pujalte Giménez

Xerente

6715