Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 01 de outubro de 1996 Páx. 8.812

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública do modificado do estudio de detalle da U.A. 7 Santa Baia en Alcabre (3813/411).

O Pleno deste Concello, en sesión do 12 de setembro de 1996, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente a modificación do estudio de detalle da U.A. 7 Santa Baia (Alcabre), formulada pola sociedade mercantil Urbanización Costa Alcabre, S.A. e redactada polo arquitecto Manuel Bouzas Cavada, con visados do COAG de datas 6-11-1995 (planos números 1, 2, 4 e 5), 13-6-1996 (planos números 6, 6', 8, 9, 10, 11 e 12) e 3-7-1996 (memoria e planos números 3 e 7), de acordo cos informes e demais documentación do expediente número 3813/411.

Segundo.-Somete-lo expediente a exposición pública durante o prazo de quince días mediante a publicación de anuncios no DOG, BOP, taboleiro oficial de edictos da Casa do Concello e nun xornal dos de maior circulación da provincia, con notificación persoal ós propietarios e demais interesados directamente afectados.

O DIARIO OFICIAL DE GALICIA

VÉNDESE:

NA CORUÑA:EN PONTEVEDRA:

Na librería Arenas, Cantón Grande, 21En Luís Paredes Rey, rúa Benito Corbal, 1.

Na librería Inoa, Federico Tapia, 55.Na librería Gonzalo Rey, rúa Benito Corbal, 29.

EN FERROL:

Na librería Central Librera, rúa Dolores, 2 e 4.EN SANTIAGO DE COMPOSTELA:

Na librería Egea, rúa Sol, 74.Nos edificios administrativos de San Caetano,

edificio central, planta baixa, rexistro xeral.

EN LUGO:Na librería Toral, Cantón do Toural, 7.

Na librería Souto, praza de España, 14.Na papelería Xaquín, Rúa Nova de Abaixo, 10.

EN OURENSE:

En Aníbal e Hijos, S.L., Avda. da Habana, 65.EN VIGO:

No quiosco «La Viuda», rúa Lamas Carvajal, 46.En Librería Colón, rúa Colón, 22.

Terceiro.-Sinalar como área afectada pola suspensión de licencias de parcelación, edificación e demolición a abranguida pola modificación e que comprende as parcelas A1, A2, B1, B2, C1, C2, D1 e D2 do proxecto de compensación da U.A. 7 Santa Baia, aprobado definitivamente en data 3-3-1995.

Cuarto.-Logo da aprobación definitiva deste expediente, de se producir, requiriráselle ó promotor da actuación para que presente o proxecto de compensación modificado da U.A. 7 Santa Baia, que deberán reflectir axeitadamente as correccións derivadas da aprobación desta modificación, para a súa oportuna tramitación e aprobación municipal.

O que se fai público para xeral coñecemento, coa indicación de que a documentación está ó dispor dos interesados na Oficina Municipal de Información (planta baixa da Casa do Concello) para exame e alegacións.

Vigo, 23 de setembro de 1996.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde