Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 01 de outubro de 1996 Páx. 8.801

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 1996 pola que se modifica a composición do tribunal encargado de xulga-las probas selectivas para ingreso na escala auxiliar desta universidade, convocadas por Resolución do 13 de febreiro de 1996 (BOE do 12 de marzo).

Convocadas probas selectivas para ingreso na escala auxiliar desta universidade por Resolución do 13 de febreiro de 1996 (BOE do 12 de marzo),

Vistas as renuncias presentadas por varios membros do tribunal cualificador designados, por incorrer nalgunha das causas de abstención previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro),

Este rectorado, no uso das competencias que lle atribúe o artigo 18 da Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e o artigo 65 dos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados por Real decreto 253/1992, do 10 de setembro (DOG do 17), resolve proceder á modificación do tribunal cualificador nos seguintes termos:

1. Desígnase vocal terceiro titular a Aurora Carballido Balseiro, representante sindical, en substitución de Silverio Díaz Vázquez.

2. Desígnase vocal primeiro suplente a Teresa Rodríguez Facal, directora de Biblioteca da Facultade de Informática, e vocal segundo suplente a María del Carmen Vidal Meijide, secretaria de departamento, en substitución, respectivamente, de María Ángeles Campos Rodríguez e Juan Manuel Sánchez-Quinzá Torroja.

3. Desígnase secretaria suplente a Cristina Ribao Álvarez, auxiliar administrativo, en substitución de Daniel Miguélez Costa.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interporse, logo da notificación a este rectorado, recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

A Coruña, 3 de setembro de 1996.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

6663