Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 01 de outubro de 1996 Páx. 8.801

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 30 de setembro de 1996 pola que se nomea persoal interino do grupo B, escala de xestión de sistemas de informática da Xunta de Galicia, na Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

Por orde desta consellería do 17 de abril de 1996, (DOG nº 78, do 22 de abril) convocaronse probas selectivas para a cobertura de postos de traballo vacantes nos servicios dependentes da Consellería de Familia, Muller e Xuventude correspondentes ó grupo B, escala de xestión de sistemas de informatica da Xunta de Galicia, mediante o nomeamento de persoal interino.

Realizadas as probas e publicada a proposta do tribunal dos aspirantes que superaron estas, pola Resolución do 8 de xullo de 1996 (DOG nº 143, do 22 de xullo),(corrección de erros DOG nº 148, do 30 de xullo), unha vez presentada e comprobada a documentación esixida pola base oitava da convocatoria, esta consellería, de conformidade co establecido na base novena da orde de convocatoria e facendo uso da facultade conferida polo artigo 13.2.9 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia,

DISPÓN:

Primeiro.-Nomear persoal interino do grupo B, escala de xestión de sistemas de informatica da Xunta de Galicia, ós aspirantes propostos polo correspondente tribunal que a continuación se especifican:

DNI Apelidos e nome

32.767.806Amil Fernández, Francisco J.
25.310.799Casas Vázquez, Alejandro
32.802.599Treus Sieira, José A.
32.817.696Temes Rodríguez, Luis
32.292.357Villanueva López, Emilio
32.763.201Bago Castro, Francisco M.

Segundo.-Os aspirantes nomeados deberán tomar posesión no prazo de cinco días contados a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. No caso de non incorporarse ó respectivo posto de traballo asignado pola Consellería de Familia, Muller e Xuventude no prazo indicado anteriormente, decaerán nos seus dereitos, agás en casos de forza maior.

Terceiro.-O servicio de Persoal da unidade administrativa á que sexan destinados os nomeados deberá remitirlle á Dirección Xeral da Función Pública unha copia das dilixencias de toma de posesión.

Cuarto.-Contra a presente orde poderase interpoñer recurso contencioso administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses

contados a partir da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

9606714