Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 01 de outubro de 1996 Páx. 8.800

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 30 de setembro de 1996 pola que se nomea persoal interino do grupo C, escala técnica auxiliar de informática da Xunta de Galicia, sección programador, na Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

Por orde desta consellería do 17 de abril de 1996, (DOG nº 78, do 22 de abril) convocaronse probas selectivas para a cobertura de postos de traballo vacantes nos servicios dependentes da Consellería

de Familia, Muller e Xuventude correspondentes ó grupo C, escala técnica auxiliar de informática da Xunta de Galicia, sección pogramador, mediante o nomeamento de persoal interino.

Realizadas as probas e publicada a proposta do tribunal dos aspirantes que superaron estas, pola Resolución do 8 de xullo de 1996 (DOG nº 143, do 22 de xullo),(corrección de erros DOG nº 148, do 30 de xullo), unha vez presentada e comprobada a documentación esixida pola base oitava da convocatoria, esta consellería de conformidade co establecido na base novena da orde de convocatoria e facendo uso da facultade conferida polo artigo 13.2.9 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia,

DISPÓN:

Primeiro.-Nomear persoal interino do grupo C, escala técnica auxiliar de informática da Xunta de Galicia, sección operador de ordenador, ós aspirantes propostos polo correspondente tribunal que a continuación se especifican:

DNI Apelidos e nome

50.808.878Gómez Apesteguía, José Miguel
76.862.502Rodríguez Souto, David
34.260.758Cela Montes, Francisco J.
33.264.346Güimil Carbajal, Pablo Ramón
33.273.181Campos López, Santiago
33.290.537Couto Losada, José Alberto
34.961.735González Rivera, Aniceto
52.453.475Brión Santos, Isolino

Segundo.-Os aspirantes nomeados deberán tomar posesión no prazo de cinco días contados a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. No caso de non incorporarse ó respectivo posto de traballo asignado pola Consellería de Familia, Muller e Xuventude no prazo indicado anteriormente, decaerán nos seus dereitos, agás en casos de forza maior.

Terceiro.-O servicio de Persoal da unidade administrativa á que sexan destinados os nomeados deberá remitirlle á Dirección Xeral da Función Pública unha copia das dilixencias de toma de posesión.

Cuarto.-Contra a presente orde poderase interpoñer recurso contencioso administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

7062