Por orde desta consellería do 17 de abril de 1996, (DOG nº 78, do 22 de abril) convocaronse probas selectivas para a cobertura de postos de traballo vacantes nos servicios dependentes da Consellería de Familia, Muller e Xuventude correspondentes ó grupo C, escala técnica auxiliar de informática da Xunta de Galicia, sección operador de ordenador, mediante o nomeamento de persoal interino.
Realizadas as probas e publicada a proposta do tribunal dos aspirantes que superaron estas, pola Resolución do 8 de xullo de 1996 (DOG nº 143, do 22 de xullo),(corrección de erros DOG nº 148,
do 30 de xullo), unha vez presentada e comprobada a documentación esixida pola base oitava da convocatoria, esta consellería, de conformidade co establecido na base novena da orde de convocatoria e facendo uso da facultade conferida polo artigo 13.2.9 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia,
DISPÓN:
Primeiro.-Nomear persoal interino do grupo C, escala técnica auxiliar de informática da Xunta de Galicia, sección operador de ordenador, ós aspirantes propostos polo correspondente tribunal que a continuación se especifican:
DNI Apelidos e nome
33.268.487 Frieiro Romero, Mª Jesús 33.292.074 Calviño López, Javier 33.272.610 Regueira Veiga, José Camilo 36.020.535 Portela Jelusich, José Manuel
Segundo.-Os aspirantes nomeados deberán tomar posesión no prazo de cinco días contados a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. No caso de non incorporarse ó respectivo posto de traballo asignado pola Consellería de Familia, Muller e Xuventude no prazo indicado anteriormente, decaerán nos seus dereitos, agás en casos de forza maior.
Terceiro.-O servicio de Persoal da unidade administrativa á que sexan destinados os nomeados deberá remitirlle á Dirección Xeral da Función Pública unha copia das dilixencias de toma de posesión.
Cuarto.-Contra a presente orde poderase interpoñer recurso contencioso administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 30 de setembro de 1996.
Dositeo Rodríguez Rodríguez
Conselleiro da Presidencia e Administración Pública
7061