Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 01 de outubro de 1996 Páx. 8.791

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 1996, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón o rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo interprovincial da empresa Leyma, Alimentos de Galicia, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo de ámbito interprovincial da empresa Leyma, Alimentos de Galicia, S.A., que se suscribiu con data do 27 de xuño de 1996, entre a representación da empresa e dos traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatutos dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta dirección provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do devandito convenio colectivo no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 1996.

Juan Pedrosa Vicente

Director xerral de Relacións Laborais

Convenio colectivo Leyma, Alimentos Galicia, S.A. de 1996

TÍTULO I

Disposicións xerais

Capítulo I

Extensión e vixencia

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O presente convenio aplicarase no centro de traballo de Leyma, Alimentos de Galicia, S.A. da Coruña, Lugo ou calquera que no sucesivo se establezan.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O presente convenio afectará a tódolos traballadores adscritos a esta empresa, tanto con carácter fixo como eventual.

Todo o persoal obrigado a este convenio ten o deber de cumprilo e exigi-lo seu cumprimento.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

O presente convenio considérase en vigor ata o 31 de decembro de 1996, prorrogándose de ano en ano, salvo o disposto no artigo seguinte.

A súa aplicación será inmediata á sinatura del, sexa cal fose a data de publicación no boletín oficial.

Artigo 4º.-Denuncia.

Calquera das partes poderá formular denuncia, propoñendo revisión ou rescisión cunha antelación dun mes como mínimo, respecto á data da súa expiración, ou do período de vixencia de calquera das súas prórrogas.

Artigo 5º.-Incumprimento.

Todo o persoal afectado por este convenio poderá denuncia-lo seu incumprimento na totalidade ou parte del.

Artigo 6º.-Condicións máis beneficiosas.

Respectaránselles a tódolos traballadores as situacións persoais actualmente consolidadas, en canto determinen maiores dereitos dos concedidos por este convenio respecto ás materias obxecto da súa regulación.

Artigo 7º.-Facultades de compensación e absorción.

Sen prexuízo de que poidan estenderse a calquera situación as melloras establecidas no convenio, nin da facultade de amplialas, a empresa, se viñese aboando salarios superiores ós regulamentariamente esixidos, non estará obrigada a aplica-las elevacións que as presentes estipulacións fixen.

Así mesmo, as melloras establecidas no presente convenio, serán compensables ou absorvibles por calquera elevación salarial que por disposición legal puidesen establecerse.

Artigo 8º.-Comisión paritaria.

Constitúese unha comisión paritaria composta por Alfonso López Pena e José Carlos Rodríguez Caamano por parte da empresa, e Manuel Cives García e Sergio Luis Bayolo Rodríguez por parte dos traballadores, para resolver cantas dúbidas e diverxencias poidan xurdir entre as partes, en aplicación e interpretación deste convenio.

Artigo 9º.-Difusión do convenio.

A dirección porá a disposición de todo o persoal exemplares do presente convenio. Así mesmo o texto permanecerá exposto durante a súa vixencia no taboleiro de anuncios.

TÍTULO II

Disposicións normativas

Capítulo I

Organización do traballo

Artigo 10º.-Organización do traballo.

A organización técnica e práctica do traballo, con suxeición ás normas e orientación deste convenio e ás disposicións legais, é facultade exclusiva da dirección da empresa.

A empresa poderá adoptar un sistema de distribución do traballo que facilite a formación técnica dos traballadores, coa obriga por parte destes de prestaren a súa maior colaboración co fin de completar e perfecciona-los ditos coñecementos, para o cal a empresa lles facilitará os medios necesarios, tanto na práctica

diaria como polo establecemento duns sistemas de racionalización do traballo que lles permita alcanzar unha maior eficacia e rendemento, co fin de levar á empresa e ós seus traballadores a unha maior prosperidade.

As modificacións que legalmente teñan a consideración de substanciais, haberán de realizarse de acordo co disposto nas leis e normas regulamentarias vixentes na materia.

Artigo 11º.-Funcionamento dos centros de traballo.

Ante calquera dificultade que se presente na execución do traballo, o traballador deberá solicitar consello ou aclaración do seu superior inmediato, ó que tamén se dará parte de calquera deficiencia nos productos, instrumentos de traballo, ferramentas ou máquinas. Toda dificultade apreciada na execución do traballo antes da iniciación del, deberá comunicarlla ó seu superior inmediato, e cando a importancia desta modificación o requira, farao por escrito, quedándose cun duplicado asinado por quen o reciba.

O traballador coidará das máquinas e útiles que se lle confíen, manteraas en perfecto estado de conservación e funcionamento durante o seu traballo e será responsable dos desperfectos, estragos ou danos que se produzan pola súa culpa ou neglixencia.

Queda prohibido utilizar, fóra dos centros de traballo, máquinas, ferramentas ou útiles pertencentes á empresa, sen previa autorización desta por escrito. Esta autorización será igualmente necesaria para que o traballador poida empregar ferramentas ou útiles da súa propiedade nos labores encomendados.

Artigo 12º.-Discreción profesional.

O segredo profesional deberá gardarse mediante discreción absoluta, en canto afecta ás actividades propias da empresa, procesos de execución, instalacións, proxectos de estudios, contratos, contabilidade, prezos, custos e toda clase de documentos, así como a calquera outra información que polo propio traballo se chegue a coñecer.

Artigo 13º.-Coordinación das relacións laborales.

Con obxecto de establece-la debida xerarquía nas distintas ordes da producción, a empresa procurará organiza-los seus servicios de forma que os mandos de calquera categoría transmitan as instruccións da dirección, e as suxestións ou peticións do persoal, por conducto xerárquico, co fin de que nunca se desvirtúe o seu contido e finalidade, sen prexuízo das funcións que en materia laboral e de relación lles corresponde ós representantes sindicais.

Capítulo II

Clasificación, formación e promoción profesional

Artigo 14º

A clasificación do persoal que se establece no presente convenio ten un carácter meramente definitorio e enunciativo, e non supón a obriga para a empresa de ter dotadas prazas de todos e cada un dos grupos e/ou categorías profesionais.

Artigo 15º

Se a empresa dispuxese o traslado dun traballador/a dun puesto de traballo a outro de igual categoría, deberá instruílo suficientemente nos cometidos do novo posto, co fin de que poida ser realizado coas garantías necesarias.

Así mesmo, o traballador está obrigado a desempeñar coa debida dilixencia as tarefas dos postos que se lle encomenden, incluídas, se fose o caso, as tarefas de limpeza e conservación dos elementos e útiles de traballo.

Artigo 16º.-Admisión de persoal.

A admisión de persoal acomodarase ás normas legais e regulamentarias vixentes en cada momento en materia de contratación.

A empresa poderá someter ós aspirantes ás pruebas teóricas, prácticas, psicotécnicas, así como ás entrevistas, que considere convenientes, realizando as mesmas directamente ou encargándollelo a empresas especializadas.

Artigo 17º.-Promoción.

Independentemente dos ascensos e promocións específicos que puidesen darse, tódolos traballadores/as coa categoría profesional de peón, ascenderán automaticamente ó cumpriren os 2 anos de antigüidade á categoría de peón especialista.

Artigo 18º.-Formación.

A empresa, de común acordo cos representantes dos traballadores/as, establecerá os programas e actividades que coide necesarios para a formación continua do persoal.

Todo iso, de acordo coas normas legais e regulamentarias sobre a materia.

Capítulo III

Xornada, horas extraordinarias e vacacións

Artigo 19º.-Xornada.

A xornada de traballo, con independencia das quendas asignadas, será de 40 horas semanais.

Para efectos de cómputo anual, o total de horas de traballo, (xornada máxima), fíxase en 1.826 horas.

Artigo 20º.-Horas extraordinarias.

A realización de horas extraordinarias axustarase ós seguintes criterios:

a) Reduciranse ás mínimas imprescindibles, sendo a súa realización de carácter voluntario.

b) As horas extraordinarias por causa de forza maior realizaranse as que veñan esixidas para prever e reparar sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes, as cales non se terán en conta, nin para efectos de duración máxima da xornada ordinaria laboral, nin para o cómputo do número máximo de horas extraordinarias autorizadas, sen prexuízo do seu aboamento como se se tratase de tales.

c) Entenderanse como horas extraordinarias estructurais as necesarias para atender pedidos, períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda, mantemento e demais circunstancias derivadas da específica natureza das actividades de que se trate.

Artigo 21º.-Vacacións.

O persoal, calquera que sexa a súa categoría profesional, terá dereito a unhas vacacións retribuídas de 30 días naturais.

Para o persoal suxeito a quendas, seguirá vixente o sistema rotativo, aceptado polo persoal, recollido en canto ó seu funcionamento no artigo 13 do convenio colectivo de 1986. Na asignación de vacacións terase en conta que non coincidan no mesmo mes persoas asignadas ó mesmo posto e que poida quedar sen cubrir ese servicio. Non obstante, recóllese a posibilidade de fraccionar e intercambia-los períodos de vacacións entre traballadores/as que cobren o mismo posto ou servicio.

Para este persoal, suxeito ó mencionado sistema rotativo, cando conxunturalmente, por descenso na producción ou situacións análogas, fose posible adiantar vacacións nos meses de verán aumentando o número de persoas nun deses meses, terán preferencia os traballadores que teñan asignadas no mes de novembro as súas vacacións, sempre que quede cuberto o servicio.

Para que os traballadores poidan programa-las súas vacacións, confeccionaranse os correspondentes calendarios, publicándose no taboleiro de anuncios antes do 1 de decembro de cada ano.

Previo ó desfrute de vacacións, cada traballador/a, deberá cubri-lo correspondente parte por duplicado, tramitándoo a través do xefe/a de sección que, ó mesmo tempo, o cursará no prazo máximo de 2 días ó departamento de persoal, que, unha vez recepcionado devolverá en igual prazo a copia debidamente dilixenciada para que se lle entregue ó traballador/a, todo iso logo do desfrute de vacacións.

Quen cese no transcurso do ano sen ter desfrutado total ou parcialmente as súas vacacións, terá dereito a que lle sexa abonada a parte proporcional do período no desfrutado, en función dos meses traballados.

Cando un traballador comece as súas vacacións a metade de semana tocándolle por quenda o de noite, pasará esa semana a unha das quendas de día.

Artigo 22º.-Cadro de quendas e descansos.

Antes das 20 horas de cada venres, a empresa confeccionará e publicará os cadros de quendas e descansos da semana seguinte, correspondentes ó cadro de persoal suxeito a réxime de quendas.

En xeral, terase en conta que o persoal rote nas distintas quendas e, en particular, que, naquelas seccións con procesos continuos durante as 24 horas, ningún traballador estea no de noite máis de dúas semanas consecutivas, salvo adscrición voluntaria.

A empresa, ó confecciona-la lista de quendas, terá en conta que se descansen a maior cantidade de domingos posibles, salvo no que se refiere ó artigo seguinte.

A rotación entre quendas seguirá o ciclo tarde - mañá-noite.

Artigo 23º.-Exceción ó descanso dominical.

Dada a particularidade da materia prima, que esixe un tratamento e control continuos, para os servicios de aprovisionamento, pretratamento, recepción, mantemento e caldeiras, o sistema ordinario de quendas incluirá os domingos. Nestes casos, un mesmo traballador non poderá traballar dous domingos consecutivos, salvo adscrición voluntaria, pacto particular cun ou varios traballadores ou contratacións específicas para eses días.

Á marxe das compensacións económicas que se sinalan no capítulo de aspectos económicos, o persoal que traballe en domingo, descansará, en compensación, un día completo, preferiblemente o sábado inmediatamente anterior ó da prestación do servicio.

Artigo 24º.-Festivos.

O número de festivos non recuperables para este ano serán os que indique a lexislación vixente. O persoal que entre a formar parte da lista dos domingos terá preferencia para traballa-los festivos.

Os festivos traballados serán retribuídos como horas festivas extraordinarias.

Artigo 25º.-Festas de Nadal.

Os días 24 e 31 de decembro a segunda quenda será de catorce a dezanove horas, non traballando a quenda de noite. Os días 25 de decembro e 1 de xaneiro a primeira das quendas será das 9 ás 14 horas, computándose como xornada laboral completa para tódolos efectos.

Así mesmo, as dúas quendas do día 25-12 e 1-1, realizaranse por quen corresponda ós labores de recepción, é dicir, o mesmo que en domingos e festivos.

Artigo 26º.-Licencias.

O persoal terá dereito a licencias retribuídas, nos seguintes casos e coa extensión seguinte:

a) Por defunción de pais, irmáns, cónxuxe e fillos, catro días, se o falecemento ten lugar dentro da provincia, e seis se tivera lugar fóra dos límites dela, sempre e cando se produza o desprazamento.

b) Por defunción de pais e irmáns políticos, dous días dentro da provincia e tres fóra dela, sempre e cando se produza o desprazamento.

c) Por enfermidade grave de pais, cónxuxe, fillos e irmáns, tres días dentro da provincia e catro fóra dela, sempre que se produza o desprazamento.

d) Por nacemento de fillo, catro días.

e) Por matrimonio, quince días.

f) Por traslado de domicilio, un día.

Os días consideraranse naturais.

Capítulo IV

Seguridade e hixiene no traballo

Artigo 27º.-Normativa.

Ó longo do presente ano desenvolveranse e poranse en marcha os aspectos recollidos na Lei de prevención de riscos laborais, sen menoscabo das obrigas inmediatas recollidas en tal norma, co fin de confecciona-lo Plan Xeral de Seguridade e Saúde Laboral, os contidos do cal, desenvolvementos e implantacións serán definidos conxuntamente pola dirección e comité de empresa.

Artigo 28º.-Vixilancia da saúde.

Fíxase a necesidade de realizar recoñecementos previos e periódicos (anuais) de carácter gratuíto, que serán levados a cabo por persoal especializado. Tales recoñecementos deberán respectar sempre o dereito á dignidade, intimidade e confidencialidade. Neste sentido, os informes médicos deberanlles ser entregados directamente ós traballadores, e poderanse arquiva-las copias dos informes exclusivamente por parte dos servicios médicos. A dirección da empresa só poderá ter acceso a datos xerais, que lle serán facilitados exclusivamente polos mencionados servicios.

Artigo 29º.-Roupa de traballo.

A empresa entregaralles ós traballadores que prestan os seus servicios na planta roupa de traballo adecuada ás súas necesidades e respectivas funcións, adecuándose ás regulamentacións técnico-sanitarias e de seguridade e hixiene.

Os traballadores a que se refiere o parágrafo anterior, independentemente dos equipos de protección específicos obrigatorios, terán como dotación mínima, as seguintes pezas:

Departamentos/

Seccións

UnidadesVestiario

Recepción, fábrica, mantemento e almacéns2 uds. iniciais e reposición s/necesidadeChaquetas curtas
2 uds. iniciais e reposición s/necesidadePantalóns
2 uds. iniciais e reposición s/necesidadeCamisas
1 ud. inicial e reposición s/necesidadeChaleco
1 ud. inicial e reposición s/necesidadeChaquetón
1 ud. inicial e reposición s/necesidadeBotas de seguridade
2 uds. iniciais e reposición s/necesidadeGorros

Laboratorio2 uds. iniciais e reposición s/necesidadePantalóns
1 ud. inicial e reposición s/necesidadeCalzado
2 uds. iniciais e reposición s/necesidadeBatas
1 ud. inicial e reposición s/necesidadeChaquetón
2 uds. iniciais e reposición s/necesidadeGorros

Esta relación poderá ser modificada como consecuencia do traballo que realice a dirección e o comité de empresa, conforme o sinalado no artigo 27º.

Capítulo V

Dereitos e funcións dos representantes dos traballadores

Artigo 30º.-Dereitos sindicais.

Os delegados de persoal disporán do crédito de horas mensuais retribuídas que a lei determine.

Sen supera-lo máximo, poderán ser consumidas as horas retribuídas co fin de asistir a cursos de formación organizados polos sindicatos, institutos de formación ou outras entidades.

Os traballadores poderán esixirlles ós delegados de persoal a convocatoria de asamblea cando o solicite o 10% do cadro de persoal

TÍTULO III

Aspectos económicos

Capítulo I

Do salario

Artigo 31º.-Salario base.

Os soldos base deste convenio son os que figuran no anexo adjunto; a súa táboa salarial enténdese para xornada completa en cada categoría profesional e posto de traballo.

Esta táboa salarial terá aplicación con efecto 1-1-1996.

Artigo 32º.-Antigüidade.

Establécese o aboamento do 10% do salario base por quinquenio, coa limitación contida no artigo 25.2º do Estatuto dos traballadores.

Artigo 33º.-Pagas extraordinarias.

Manteñen as tres gratificacións extraordinarias que se veñen satisfacendo na actualidade, equivalente cada unha delas a unha mensualidade, computándose nas mesmas o salario base, máis antigüidade.

Artigo 34º.-Cláusula de revisión por garantía salarial.

En caso de que existan beneficios ó final do exercicio, efectuarase unha revisión automática con carácter retroactivo ó 1-1-1996, pola diferencia entre o IPC final incrementado en 0,5 puntos e o 3,5%.

[Revisión: (IPC + 0,5) - 3,5].

No caso de que non se acadasen beneficios e o IPC fose superior ó 3,5%, efectuarase unha revisión automática con carácter retroactivo ó 1-1-1996, polo exceso sobre a indicada cifra, co límite do 4%.

Capítulo II

Outros aspectos retributivos

Artigo 35º.-Plus de axuda ó transporte.

Mantense en 100 ptas./diarias para todo tipo de persoal, sen distinción de categorías profesionais, con base na xornada de traballo completa.

O dito plus cobrarase exclusivamente os días de asistencia ó traballo, non sendo computable en vacacións, ILT, permisos, etc.

Artigo 36º.-Plus de compensación de traslado.

Mantense o plus de compensación de traslado en 60 ptas. por día, facéndose extensivo a todo o persoal de alta na empresa anterior ó 1-6-1992.

Este plus cobrarase, ademais dos días de asistencia ó traballo, durante os períodos de ILT, non sendo computable en vacacións.

Artigo 37º.-Plus de vestiario.

Mantense o plus de vestiario, de aplicación a todo o persoal, cunha contía que para o presente ano será de 4.813 ptas. ó mes. Este plus non se aboará nas pagas extraordinarias, entendéndose como un suplido de gastos.

Artigo 38º.-Póliza de accidentes.

Mantense a concertación da póliza de accidentes, con cobertura durante as 24 horas do día e coas seguintes cantidades:

-Dous millóns de pesetas, en caso de invalidez permanente.

-Un millón e medio de pesetas, en caso de falecemento.

Neste último caso aboarase a cantidade sinalada ás persoas que xustifiquen seren as herdeiras legais do traballador falecido.

Artigo 39º.-Horas extraordinarias.

As horas extraordinarias aboaranse cun incremento do 40% sobre o valor da hora ordinaria, comunicándoselle mensualmente á autoridade laboral, conxuntamente pola empresa e o comité de empresa.

As horas extraordinarias realizadas en festivos polo persoal con alta na empresa anterior ó 9-4-1974, aboaranse cun incremento do 65% sobre o valor da hora ordinaria.

Artigo 40º.-Nocturnidade.

As horas traballadas en período nocturno, isto é, entre as 10 da noite e as 6 da mañá, terán unha remuneración adicional cifrada no 25% do valor da hora ordinaria.

Así mesmo, os traballadores que cubran a quenda de noite percibirán, ademais do incremento sinalado no parágrafo anterior, 311 ptas. por noite traballada, en concepto de suplido de gastos.

Tanto esta última cantidade, como a reflectida no artigo seguinte (traballo en domingo por quenda), serán actualizadas cada ano co incremento salarial resultante da negociación do convenio colectivo, salvo que nel se determine outro tipo de incremento.

Exclusivamente nos casos nos que sexa festivo o sábado, o persoal que traballe a xornada do venres na quenda de noite percibirá como complemento correspondente á xornada do venres 6,66 horas festivas, que terán tal consideración só para efectos salariais.

Artigo 41º.-Domingos.

As persoas ás que lles corresponda traballa-los domingos por quenda percibirán, en concepto de suplido de gastos (transporte e manutención), a cantidade de 2.588 ptas. por domingo traballado.

Artigo 42º.-IRTP.

A empresa seguirá aboándolles ós seus traballadores as mesmas cantidades que polo concepto do suprimido imposto de rendemento de traballo persoal (IRTP) lles correspondía pagar a cada un o 1º de xaneiro do 79.

As ditas cantidades quedan consolidadas nas súas contías actuais, e non poderán ser absorbidas por calquera aumento salarial futuro, xa sexan por disposición legal, por convenio ou laudo.

Artigo 43º.-Axudas de custo.

Cando por necesidadees da empresa un traballador sexa desprazado fóra da súa residencia habitual por un período superior a 24 horas, aboaráselle, a parte dos gastos de desprazamento e estancia, unha compensación económica suplementaria de 500 ptas. diarias.

Artigo 44º.-Premio de xubilación.

A empresa aboaralles ós productores que se xubilen ó cumpri-los 65 anos de idade como máximo un premio na contía de 10.000 ptas. por ano de servicio, entendéndose que os que superen a dita idade renunciarán ó mesmo.

Esta misma cantidade seralles aboada ós que causen baixa definitiva na empresa, por enfermidade, accidente laboral ou falecemento. Neste último caso, aboaráselles ós que xustifiquen seren os seus herdeiros. Nos supostos deste apartado, o premio será concedido nas mesmas condicións e contías que as sinaladas no apartado anterior.

Artigo 45º.-Fomento da prexubilación.

Os traballadores cunha antigüidade mínima de 5 anos que causen baixa na empresa por prexubiliación percibirán as seguintes cantidades:

-60 anos: 400.000 ptas.

-61 anos: 325.000 ptas.

-62 anos: 250.000 ptas.

-63 anos: 175.000 ptas.

-64 anos: 100.000 ptas.

Artigo 46º.-Retribución en caso de baixa por enfermidade común ou accidente non laboral.

En caso de baixa por enfermidade ou accidente non laboral, a empresa aboaralle o complemento necesario, para que, xuntamente coa prestación económica da Seguridade Social, o traballador perciba a partir da data da baixa, o salario total fixado por este convenio, é dicir, salario base, antigüidade, e pluses de convenio e compensación de traslado, exceptuando o plus de axuda ó transporte.

A dirección terá a facultade de que o médico de empresa, ou o que se designe, visite no seu domicilio e recoñeza o traballador cantas veces crea conveniente. Así mesmo, poderá requiri-lo productor en baixa para que se presente a recoñecemento coa periodicidade que se estime preciso.

Nos casos de desconformidade coa situación de baixa, a dirección e o comité de empresa nomearán un facultativo para que efectúe o recoñecemento oportuno; do seu dictame dependerá o aboamento do complemento ó que fai referencia o presente artigo, así como o seguinte.

Artigo 47º.-Retribución en caso de accidente laboral ou enfermidade profesional.

En caso de accidente de traballo que dea lugar a unha ILT, a empresa aboará o complemento necesario para que, xuntamente coa prestación que perciba da Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais, o traballador accidentado perciba o total dos seus salarios desde o primeiro día en que resulte accidentado e durante todo o tempo durante o que teña dereito á citada prestación económica, a exceción do plus de axuda ó transporte, como no caso de enfermidade común.

Recoñéceselle á empresa a mesma facultade de vixilancia e comprobación establecida no artigo anterior.

Disposicións adicionais

Primeira.-O horario do persoal administrativo que estea suxeito a xornada continuada será o seguinte:

EntradaSaída

Luns a xoves7.45 horas15.05 horas
Venres7.45 horas15 horas

Admítese unha flexibilidade para o dito departamento administrativo na incorporación ó traballo de 15 minutos; o dito atraso, en caso de que existira, deberá recuperarse dentro do mesmo día en que se produza.

Segunda.-Conforme o disposto no artigo 29 do Estatuto dos traballadores e o artigo 1 da Orde do 27 de decembro de 1994, apróbase o modelo de recibo individual de salarios, que comezará a utilizarse de forma inmediata.

Disposición derradeira

No non previsto no presente convenio, haberá que aterse ó disposto no Estatuto dos traballadores e no convenio estatal de industrias lácteas.

Táboas salariais

Salario base

mensual

Prezo

Hora

Grupo profesional de técnicos

Técnico xefe186.9191.535,48
Técnico superior173.2031.422,81
Técnico medio132.8721.091,50
Técnico operador125.9731.034,83
Técnico diplomado122.3691.005,22

Grupo administrativo e comercial

Salario base

mensual

Prezo

Hora

Oficiais de 1ª114.217938,26
Oficiais de 2ª110.372906,67
Auxiliares administrativos101.596834,58
Telefonistas96.184790,12
Inspectores, promotores e supervisores de vendas119.705983,33
Vendedores109.808902,04

Grupo de producción e tarefas auxiliares

Contramestre127.3831.046,41
Xefe de sección127.3831.046,41
Encargado123.5451.014,88
Capataz119.705983,33
Coordinador de zona116.426956,40
Inspector de distrito107.630884,15
Oficial de 1ª especialista119.705983,33
Oficial de 1ª O.V.112.568924,71
Oficial de 2ª O.V.109.827902,20
Oficial de 1ª laboratorio114.217938,26
Oficial de 2ª laboratorio110.372906,67
Oficial 1ª conductor109.278897,68
Almaceneiro103.890853,43
Auxiliares (inspección, laboratorio e mantemento)101.596834,58
Supervisor de liña112.568924,71
Especialista de 1ª105.982870,61
Especialista de 2ª103.723852,05
Especialista de 3ª101.596834,58
Peón especialista98.336807,80
Peón96.184790,12
Limpador96.184790,12
Garda e sereno96.184790,12

7130