Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 30 de setembro de 1996 Páx. 8.784

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 8 xullo de 1996, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, pola que se resolve o expediente número 316 que afecta ó monte Liñares, do lugar de Liñares, parroquia de Maroñas (concello de Mazaricos).

Para os efectos previstos no artigo 28 do Regulamento de aplicación da Lei 13/1989 de Montes Veciñais en Man Común, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, en sesión celebrada o 8 de xullo de 1996, adoptóu o seguinte acordo:

Reunido na data 8 de xullo de 1996 o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, baixo a Presidencia do Delegado da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, Rogelio Aramburu Núñez, coa asistencia do vicepresidente Ángel Barallo Sánchez, maxistrado da Audiencia Provincial de A Coruña, os vocais, Federico Sánchez Rodríguez, xefe do Servicio de Montes e I.F., Ramón Olano Calleja, letrado do Gabinete Xurídico Territorial da Xunta, Juán Ramón Beneyto Bellas, representante do Colexio de Avogados de A Coruña e do secretario Manuel Puente Araújo, letrado da citada delegación. O vocal José Manuel Caramés Franco, representante das Comunidades Veciñais de Montes en Man Común xustificóu a súa ausencia por motivos laborais.

Reunidos nesta data para estudiar e resolve-lo:

Expediente nº: 316.

Monte: Liñares.

Lugar: Liñares.

Parroquia: As Maroñas.

Concello: Mazaricos.

1º Resultando que diversos veciños do lugar de Liñares, parroquia das Maroñas, concello de Mazaricos, solicitaron con data 25-5-1994 deste xurado, a declaración como veciñal do expresado lugar, do monte arriba citado e que ten as seguintes características:

Superficie: 17 ha.

Lindeiros: é parte do monte Santa Mariña, nº 103-L do C.U.P.

Norte: desde o piquete nº 76, seguindo a orde de piquetes ata o nº 78 do deslinde do monte Santa Mariña, con propiedades particulares de veciños de Liñares.

Leste: desde o piquete nº 78 ó nº 83 con propiedades particulares de veciños de Liñares. Do nº 83 ó 85 coa estrada de Sta.Comba a Muros.

Sur: desde o piquete nº 85 ó nº 92 con propiedades particulares dos veciños de Corbeira, na parroquia de Eirón.

Oeste: desde o piquete nº 92 ó nº 96, con propiedades particulares dos veciños de Foxas, polo camiño que vai desde Foxas de Abaixo ata a estrada de Sta. Comba a Muros. Desde o piquete nº 96 ó nº 76 co mesmo monte Sta. Mariña dos veciños de Foxas, seguindo o camiño anteriormente citado.

2º Resultando que á vista de tal solicitude, o xurado, na súa reunión de 28-6-1994, acordóu inicia-lo oportuno expediente nomeándose como instructor do mesmo a Ramón Olano Calleja, quen aceptóu expresamente dito cargo. Procedéuse á correspondente tramitación, librándose mandamento para a anotación preventiva no Rexistro da Propiedade de Muros, oíndose a tódalas persoas, organismos e corporacións interesadas, expedíndose mandamentos a tal fin dirixidos ó alcalde-presidente do concello de Mazaricos, ó xefe do Servicio de Montes e I.F. e publicándose edictos no DOG (nº 214 do 8-11-1995), taboleiro de anuncios do Concello e lugares de costume.

3º Resultando que os veciños de Liñares fundamentan a súa petición ante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común no aproveitamento desde tempos inmemoriais de forma consuetudinaria, en réxime de comunidade e sen asignación de cotas, segundo os usos e costumes, no monte correspondente ó dito lugar. Presentan copia de escritura de asignación de cupos correspondente ó citado lugar, así como acreditación da orixe foral do monte.

Tal petición é informada favorablemente polo acordo do Pleno do Concello de Mazaricos de data 25-2-1994.

4º Resultando que ante o presente expediente foi formulada por Mª Clementina e Prudencia Ferradas Fernández unha reclamación, alegando a condición de donas y posuidoras de varios predios situados no monte que se pretende declarar. Os citados predios encóntranse inscritos no Rexistro da Propiedade.

5º Resultando que na tramitación das presentes actuacións secumpriron as formalidades legais e regulamentarias, esixidas principalmente pola Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e o seu regulamento de aplicación aprobado polo Decreto 260/1992, de 4 de setembro, ambos da Comunidade Autónoma de Galicia, Lei de procedemento administrativo e demais disposicións aplicables no caso.

Celebrada sesión no día de hoxe, á que foron citados en legal forma tódolos interesados no expediente, compareceu e oíuse á representación dos promotores del, os cales se ratifican na súa solicitude. Non o fixo a representación de Prudencia e Clementina Ferradás, se ben presentan escrito no que se ratifican no manifestado anteriormente no expediente.

Vistos os preceptos das disposicións citadas e demais de xeral aplicación.

1º Considerando que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña ten xurisdicción e competencia para coñecer do presente expediente en virtude do disposto nos artigos 9 e 10 da Lei da Comunidade Autónoma de Galicia 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

2º Considerando que en conformidade co contido do art. 11 da citada lei e 19 do regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, os veciños de Liñares, parroquia das Maroñas, concello de Mazaricos, son parte lexítima para solicita-la iniciación do presente expediente de cualificación.

3º Considerando que o xurado, á vista dos dereitos alegados por Mª Clementina e Prudencia Ferradas Fernández, estima que o formulado é cuestión relativa ó dominio dos citados predios, da competencia dos tribunais da xurisdicción ordinaria, para substanciar polos trámites do xuízo declarativo ordinario que corresponda.

4º Considerando que o monte debe reuni-las seguintes características:

1. Pertenza a agrupacións de veciños na súa calidade de grupos sociais, non como entidades administrativas.

2. Se aproveite consuetudinariamente en réxime de comunidade, sen asignación de cotas polos membros de cada agrupación na súa condición de veciños comuneiros.

3. Que os veciños comuneiros residan habitualmente con casa aberta dentro da área xeográfica sobre a que se asenta o grupo social que tradicionalmente aproveitou o monte (arts. 1, 2 e 3 da Lei 13/89 e 1, 2 e 3 do Regulamento do 4 de setembro de 1992).

5º Considerando que das actuacións que constan no expediente, e en especial da comprobación do que se expresa no 3º resultando, dedúcese de forma indiscutible que no presente caso nos encontramos cun monte pertencente á Comunidade Veciñal de Liñares, parroquia das Maroñas, no que se cumpren os aludidos requisitos.

Por iso, este xurado á vista dos antecedentes e fundamentos de dereito expostos, nésta data.

Acorda cualificar como monte veciñal en Man Común da Comunidade Veciñal do lugar de Liñares, parroquia de Maroñas, concello de Mazaricos, o denominado monte Liñares, cos lindeiros, superficie e características que figuran no primeiro tesultando, excluíndose de tal calificación aquelas parcelas sobre as que formularon alegación Mª Clementina e Prudencia Ferradas Fernández, que permanecerán coa condición que teñen na actualidade. Así mesmo acórdase excluí-lo declarado do inventario de bens do concello e do catálogo dos de utilidade pública, se neles estivese inscrito, incluíndoo no Rexistro de Montes Veciñais en Man Común

que figura na Delegación de Agricultura, Gandería e Montes da Coruña.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contados a partir do día seguinte ó de publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo a ata agora vixente Lei de procedemento administrativo.

A Coruña, 8 de xullo de 1996.

Visto e prace

Rogelio Aramburu Núñez

Presidente do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña

Manuel Puente Araújo

Secretario do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña

9607007