Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 26 de setembro de 1996 Páx. 8.679

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 1996, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón o rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo das empresas organizadoras do xogo do bingo.

Visto o texto do convenio colectivo de ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia das empresas organizadoras do xogo de bingo, que se subscribiu coa data do 9 de xullo de 1996, entre a representación da empresa, ABIGA, e a representación dos traballadores, UGT e CC.OO., e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo. Esta dirección xeral,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do devandito convenio colectivo no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 1996.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

Convenio colectivo das empresas organizadoras do xogo do bingo

Ámbito.

Artigo 1º.-Ámbito territorial e funcional.

Este convenio afecta á totalidade das empresas dedicadas á organización do xogo do bingo que exerzan a súa actividade no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, total ou parcialmente, tanto as actualmente en funcionamento como as que no futuro se constitúan.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Este convenio afecta a tódolos traballadores que prestan os seus servicios nas empresas ás que fai referencia o artigo anterior e igualmente a aqueles que con posterioridade á entrada en vigor deste convenio ingresen nelas. O convenio establece as bases para as relacións laborais e entre as empresas e os traballadores afectados por el, calquera que sexa a modalidade de contratación laboral.

Artigo 3º.-Vínculo á totalidade.

As condicións pactadas no presente convenio forman un todo orgánico e indivisible e para efectos da súa aplicación práctica serán considerados no seu conxunto, globalmente, polo que, no suposto de que a autoridade laboral competente, no exercicio das súas facultades, non homologase algunha das súas cláusulas, quedaría sen eficacia na súa totalidade e deberíase reconsiderar todo o seu contido.

Artigo 4º.-Melloras adquiridas.

As empresas afectadas por este convenio respectarán as condicións máis beneficiosas ou vantaxosas concedidas ós seus traballadores, antes ou despois da súa aprobación, e serán consideradas todas elas en cómputo anual e no seu conxunto, sen prexuízo do disposto no artigo 5º.

Artigo 5º.-Absorción e compensación.

Tódalas condicións pactadas neste convenio son compensables na súa totalidade e no seu cómputo anual polas melloras, de calquera índole, que estean a desfruta-los traballadores, cando estas superen a contía total do convenio e se consideren absorbibles desde a súa entrada en vigor.

Artigo 6º.-Ámbito temporal.

Este convenio entrará en vigor para tódolos efectos o día un de xaneiro de 1996 con independencia da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 31 de decembro de 1996. Tendo unha vixencia dun ano. En todo caso a súa denuncia non significará modificación ningunha do seu texto articulado que continuará vixente ata a súa sustitución polo novo, nos termos que as partes establezan.

Artigo 7º.-Características do convenio.

Tódalas condicións económicas ou doutra índole pactadas neste convenio, consideradas no seu

conxunto e no seu cómputo anual, teñen a consideración de mínimas. De mutuo acordo entre as partes poderanse asinar acordos ou pactos entre as empresas e os seus traballadores a través dos seus órganos de representación sindical, estes terán o carácter de complementarios do presente convenio.

Os conflictos que se orixinen resolveranse, polo tanto, segundo o previsto no Estatuto dos traballadores para a resolución de conflictos de normas.

Contratación.

Artigo 8º.-Réxime de contratación e fomento de emprego.

As empresas afectadas polo presente convenio cubrirán ós postos de traballo dos seus cadros de persoal, conforme as normas vixentes en materia de contratación e afiliación á Seguridade Social. Estas empresas terán que contar cun mínimo de persoal de carácter fixo, igual ó número que segundo a categoría da sala prevé o Regulamento do xogo do bingo en Galicia.

Na sinatura dos contratos de traballo estarán presentes os representantes legais dos traballadores, se os houbese, ós cales se lles entregará unha copia do contrato, sen prexuízo da copia correspondente ó traballador.

Nas salas de nova apertura a contratación será revisada pola comisión paritaria do convenio. Os empresarios comunicaranlle á citada comisión, cunha anticipación mínima de oito días á data de apertura prevista, a lista dos futuros traballadores, con indicación dos postos que van desempeñar.

Dada a actual situación de desemprego existente, a partir da entrada en vigor do presente convenio quedará prohibida a contratación de persoal en réxime de pluriemprego, exceptuándose desta prohibición o traballador fixo de carácter descontinuo.

Os novos postos de traballo, así como as vacantes que se produzan, cubriranse, en igualdade de condicións, preferentemente mediante a contratación de profesionais do bingo en situación de desemprego, así como de traballadores que desempeñasen funcións na empresa de maneira temporal.

As empresas facilitarán a formación dos seus cadros de persoal estando propicia a realización de prácticas en postos de traballo de categoría superior.

A comisión paritaria velará polo estricto cumprimento do previsto neste artigo.

As empresas organizadoras do xogo en Galicia limitarán a contratación de traballadores a través de empresas de traballo temporal ata un máximo do 10% do cadro de persoal de cada empresa.

Nun período máximo de seis meses desde a sinatura do presente convenio, as empresas deben regulariza-la situación dos seus traballadores, indepen

dentemente da forma contractual que cada traballador teña coa empresa principal, incluídos aqueles que teñen contratos a través de empresas de traballo temporal.

De acordo co establecido no R.D. 2546/1994 e o artigo 15.b do Estatuto dos traballadores, as empresas organizadoras do xogo en Galicia poderán realizar contratos ata un máximo de tres anos (1.080 días).

A duración do contrato poderá ser de seis meses (181 días), prorrogable ata tres anos, cunha indemnización de 12 días por ano, se o cesamento se produce por decisión da empresa contratante. Ó remate do tempo de contratación e se non se produce a renovación, percibirán, así mesmo, 12 días de indemnización. Poderán realizarse un máximo de tres prórrogas.

As empresas para poder utilizar este tipo de contrato deberán ter, como mínimo, un cadro de persoal fixo de:

Salas.

-Ata 200 xogadores: 4 traballadores.

-De 201 a 400 xogadores: 8 traballadores.

-De 402 a 600 xogadores: 11 traballadores.

-De 601 a 800 xogadores: 20 traballadores.

En caso de non ter estes mínimos, as empresas non poderán ter máis do 10% do seu cadro de persoal total con este tipo de contratos.

Artigo 9º.-Categorías profesionais.

En canto á definición de categorías profesionais, terase en conta o regulado no Regulamento do xogo de bingo, aprobado polo Decreto 273/1986, do 31 de xullo.

Como consecuencia da vixencia do citado regulamento galego, as empresas adoptarán, en tódolos seus termos, o persoal que con anterioridade á súa publicación regulaba o regulamento estatal, tanto no que respecta á definición de postos de traballo e categorías como ás condicións económicas.

En todo caso respectaranse as condicións máis beneficiosas que os traballadores viñan desfrutando antes da entrada en vigor do presente convenio.

Artigo 10º.-Período de proba.

O ingreso de traballadores fixos considerarase feito a título de proba.

Dadas as características especiais que, no referente á duración das licencias gobernativas, se dan en canto á explotación das salas, sexa cal fose a duración do contrato de traballo, o período de proba non poderá exceder de:

-Xefe de sala: 3 meses.

-Xefe de mesa, caixeiro, vendedor-locutor, admisión e control: 2 meses.

-Resto do persoal non cualificado: 15 días.

Só se entenderá que o traballador está suxeito a período de proba se así consta por escrito.

Artigo 11º.-Liquidacións.

No caso de extinción da relación laboral entregaránselles ós traballadores as correspondentes liquidacións cunha anticipación de cinco días á data prevista.

Artigo 12º.-Xornada laboral.

A xornada laboral anual será de 1.800 horas de traballo efectivo.

Artigo 13º.-Xornada laboral e descansos.

Durante a vixencia do presente convenio establécese unha xornada de traballo efectivo semanal de 40 horas e desfrutarase un descanso semanal de dous días consecutivos, a non ser que a xornada semanal sexa inferior a 40 horas, caso no que se aplicará o previsto no artigo 37 do Estatuto dos traballadores, podendo non obstante, pactarse entre empresas e traballadores calquera sistema de xornada e descansos que permita a lexislación vixente, de acordo coa reducción de xornada semanal ou compensación de descansos, ben sexan estes en cómputo mensual, trimestral ou anual.

No caso de aplicarse un sistema especial, confeccionarase un calendario de actividade anual no que se especifiquen as características do citado sistema, debendo ser visado polos representantes legais dos traballadores.

Artigo 14º.-Vacacións.

As vacacións anuais serán de 30 días naturais.

A empresa e os traballadores elaborarán no mes de decembro de cada ano un cadro de vacacións. Para estes efectos, os traballadores con responsabilidades familiares terán preferencia a que o seu período vacacional coincida cos períodos de vacacións escolares, de acordo co apartado e) do artigo 38 do Estatuto dos traballadores, sendo criterio complementario a antigüidade na empresa; o resto dos traballadores rexeranse polo criterio de antigüidade.

O desfrute das vacacións non poderá ser compensado en metálico.

Artigo 15º.-Festas aboables non recuperables.

Os festivos non recuperables poranse de mutuo acordo entre as empresas e os traballadores.

As festas aboables e non recuperables poderán, de común acordo entre empresa e traballadores, acumularse ás vacacións anuais, ou ser desfrutadas como descanso continuado en período distinto. No suposto de que as festas non recuperables se desfruten de forma continuada, a empresa respectará o descanso semanal, acumulando a este o número de festas.

Artigo 16º.-Xubilación.

Cando o traballador leve como mínimo 10 anos de antigüidade nunha empresa, percibirá no momento de xubilarse as seguintes cantidades:

Idade de xubilación (anos)Importe que se percibirá

653 meses de salario real

644 meses de salario real

635 meses de salario real

626 meses de salario real

617 meses de salario real

609 meses de salario real

En tódolos casos as cantidades consignadas incrementaranse nun mes por cada cinco anos de antigüidade que exceda dos 10 anos, todo isto sen prexuízo do que lles puidese corresponder ós traballadores conforme a normativa vixente para as empresas de menos de 25 traballadores.

Artigo 17º.-Enfermidade ou accidente.

Os traballadores que estean en incapacidade laboral transitoria por accidentes, hospitalización ou convalecencia derivada da hospitalización percibirán o 100% do seu salario real desde o primeiro día.

As empresas afectadas polo presente convenio contratarán unha póliza de seguros que garanta ós seus traballadores as seguintes indemnizacións.

-Por falecemento, calquera que sexa a causa: 2.000.000 de pesetas.

-Por invalidez absoluta ou gran invalidez: 2.000.000 de pesetas.

-Para este suposto será necesaria a declaración e cualificación administrativa correspondente.

No caso de non ter contratada a citada póliza será responsable de pagamento a empresa da que se trate.

Artigo 18º.-Excedencias.

Recoñécese o dereito de excedencia, conforme o previsto no artigo 46.1º do Estatuto dos traballadores. Terán dereito á excedencia voluntaria aqueles traballadores que teñan unha antigüidade superior a 2 anos, que teñan contrato indefinido polo período máximo dun ano; a partir do dito prazo sen que se produza a súa incorporación causarán baixa na empresa. O excedente poderase reincorporar ó seu posto habitual dentro do prazo establecido, avisando a empresa con, polo menos, 15 días de anticipación.

Artigo 19º.-Licencias retribuídas.

Todo traballador afectado polo presente convenio terá dereito a permisos retribuídos, polos días naturais que se establecen a seguir, sempre que se avise con anticipación e estean suficientemente xustificados:

-15 días por matrimonio do traballador.

-3 días por nacemento de fillos.

-3 días por falecemento ou enfermidade grave, ampliado a 5 se se produce fóra da Comunidade Autónoma, de parentes ata o 2º grao de consanguinidade ou afinidade.

-1 día por matrimonio de pais, irmáns e fillos, ampliado a 3 se se produce fóra da Comunidade Autónoma.

-1 día por traslado do seu domicilio habitual dentro do municipio e 2 días se o traslado se produce fóra do municipio.

En caso de matrimonio do traballador e sempre que este teña dous anos de antigüidade, terá dereito a percibir como premio de nupcias unha gratificación equivalente a trinta días de salario base á antigüidade.

Artigo 20º.-Maternidade.

As baixas por maternidade serán de 16 semanas obrigatorias, de acordo coa normativa vixente. Durante o embarazo o horario de traballo axeitarase á petición do traballador, entre as 8 horas e as 22 horas.

Artigo 21º.-Resolución de contratos.

Será causa suficiente para que as empresas afectadas polo presente convenio poidan dar por resoltos os contratos de traballo, sen máis trámite que o que conduce á obtención dos dereitos de subsidio de desemprego para os afectados, o feito de revogacion das autorizacións administrativas de que son titulares e sempre que esta revogación non teña a súa causa en expediente sancionador conforme a lexislación vixente en materia de xogo.

De todas estas resolucións de contratos daráselle conta á comisión paritaria do convenio.

Artigo 22º.-Subrogación de servicios.

Será aplicable o disposto nos artigos 24, 43 e 44 do Estatuto dos traballadores con respecto ás garantías por cambio de empresario.

Artigo 23º.-Condicións económicas.

As condicións económicas e de toda índole pactadas no presente convenio convéñense expresamente entre as partes en razón, entre outras, de natureza parcialmente nocturna do traballo, tendo en conta o horario administrativo que é de aplicación á actividade e entendéndose, polo tanto, englobados nas condicións económicas establecidas todos aqueles emolumentos, crebas e demais conceptos salariais e extrasalariais que por razón da mencionada nocturnidade puidesen corresponder legalmente.

No anexo I deste convenio fíxanse tódalas condicións económicas derivadas del.

Artigo 24º.-Pagamento de atrasos.

As empresas afectadas por este convenio dispoñerán de 30 días desde o seu asinamento para facer

lles efectivos ós seus traballadores os atrasos salariais que correspondan, debéndose realizar nun só pagamento.

Artigo 25º.-Roupa de traballo.

As empresas subministrarán cada ano, como mínimo, a tódolos traballadores dous uniformes completos: un no verán e outro no inverno. Así mesmo, subministrarán todas aquelas pezas de roupa para as que a empresa estableza condicións determinadas respecto do seu modelo ou cor.

Artigo 26º.-Control horario.

As empresas dispoñerán dun control-rexistro de entradas e saídas do traballo, que se deberá reflectir mediante sinatura do traballador, a non ser que o citado control se efectúe por medios informáticos.

Dereitos sindicais.

Artigo 27º.-Dereitos sindicais do traballador.

Tódolos representantes legais dos traballadores terán dereito a:

Difundiren publicacións e avisos de carácter sindical nos locais da empresa, entre os traballadores e fóra das horas de traballo.

Fixaren todo tipo de comunicacións e anuncios de carácter sindical nos taboleiros de anuncios que para tal efecto deberá establecer e facilita-la empresa, dentro dos seus locais.

Recadaren as cotizacións sindicais dos afiiados, así como calquera tipo de contribución con fins sindicais, fóra das horas de traballo.

Os traballadores que sexan elixidos para desempeñar cargos sindicais de ámbito superior á empresa poderán solicitar excedencia sindical por un período máximo igual ó mandato sindical que teña designado. Para a empresa será obrigatoria a súa concesión e a reserva do posto de traballao, o sindicato deberá acreditar de maneira que faga fe a elección do traballador.

En todo caso, a excedencia non poderá supera-lo prazo de catro anos, debendo, en todo caso, o traballador solicita-la súa reincorporación cun preaviso mínimo dun mes.

Artigo 28º.-Dereitos dos delegados de persoal.

Os delegados de persoal, ademais das competencias establecidas no Estatuto dos traballadores, terán dereito a:

-Convocar asembleas dos traballadores, logo de notificación á empresa, nos centros de traballo e fóra da xornada laboral.

-Dispoñerán dun saldo de 20 horas mensuais de permiso retribuído para atender asuntos de carácter laboral dos seus representados, logo de notificación á empresa e posterior xustificación.

-Dispoñerán dun permiso non retribuído de ata oito días ó ano para o exercicio de actividades sin

dicais á marxe da empresa, logo de notificación a esta polo menos con 72 horas e posterior xustificación.

-Que se lle comunique ó resto do persoal o seu despedimento, no caso de se producir.

-Seren informados pola empresa sobre a evolución xeral do sector ó que pertence esta, así como sobre o seu programa de evolución probable de emprego nela.

-Seren informados, con carácter previo á súa execución pola empresa, da reestructuración do cadro de persoal, pechamentos temporais ou definitivos, reducción de xornada, así como sobre os plans de formación profesional da empresa; sobre a implantación ou revisión de sistema de organización do traballo, valoración de postos de traballo e sistemas de incentivos.

-Seren informados sobre as sancións impostas por faltas moi graves, en especial os supostos de despedimentos, así como a coñece-lo índice de absentismo laboral e as súas causas.

Ademais, os delegados de persoal poderán exercer un labor de seguimento sobre o incumprimento das normas vixentes en materia laboral e de seguridade social.

Artigo 29º.-Garantías.

Ningún membro do comité de empresa ou delegado de persoal poderá ser sancionado ou despedido sen causa xustificada durante o exercicio das súas funcións nin dentro dos dous anos seguintes ó seu cesamento. Se o despedimento ou a sanción obedecesen a outras causas, deberase tramitar expediente disciplinario contradictorio conforme prevé a lexislación vixente.

Posuirán prioridade na empresa ou centro de traballo respecto dos demais traballadores nos supostos de suspensión ou extinción por causas tecnolóxicas ou económicas.

Non poderán ser discriminados na súa promoción económica ou profesional por causa ou razón de desepeña-la súa representación.

Artigo 30º.-Seccións sindicais.

Os sindicatos que conten cun mínimo de 50% de afiliados na empresa, e sempre que esta conste con máis de 20 traballadores, poderán constituír seccións sindicais dos seus afiliados ante a dirección da empresa. As seccións sindicais terán un delegado sindical que gozará dos dereitos e garantías fixados polos delegados de persoal, con excepción do referente á reserva de horas sindicais.

Tódolos traballadores afectados por este convenio que ostenten cargos sindicais de carácter provincial terán recoñecidos os dereitos que lles recoñece a Lei orgánica de liberdade sindical.

Artigo 31º.-Cotas sindicais.

Co fin de facilita-lo labor de cobramento de cotas sindicais, as empresas comprométense a descontalas directamente en nómina ós traballadores que o soliciten por escrito.

Artigo 32º.-Servicio militar.

O traballador que se incorpore ó servicio militar con carácter obrigatorio terá dereito á reserva do seu posto de traballo polo tempo que dure este; deberase reincorporar ó seu posto no prazo máximo dun mes desde a súa finalización. Iguamente terá dereito a percibir durante o tempo as gratificacións extraordinarias previstas neste convenio.

Artigo 33º.-Comisión paritaria do convenio.

Constitúese unha comisión paritaria que cumprirá as seguintes funcións:

-Interpretación da totalidade das cláusulas do presente convenio.

-Aplicación do pactado e vixilancia do seu cumprimento.

-Seguimento daqueles acordos que se deban desenvolver no tempo e durante a vixencia destes.

-Mediación, arbitraxe e conciliación. En caso de conflictos entre empresas e traballadores, no suposto de conflicto colectivo, por instancia dun dos seus órganos, poderase solicita-la inmediata reunión desta comisión para efectos de interpoñe-la súa mediación, interpreta-lo acordado e ofrece-la súa arbitraxe.

-Elaborar e propoñerlle á Administración pública as modificacións e actualizacións que sexan convenientes ó Regulamento do xogo do bingo, para a súa mellor aplicación.

-Adoptar novos acordos que desenvolvan o pactado neste convenio se así o requiren as circunstancias.

Artigo 34º.-Composición da comisión paritaria.

A comisión paritaria estará integrada por dous órganos: un en representación da asociación empresarial ABIGA e outro en representación das centrais sindicais que asinan o convenio, debéndose acreditar para esta ultima representación un mínimo de 10% de representación no sector.

Ámbolos dous órganos terán o mesmo número de membros: cada unha das partes poderá ser asistida por un asesor, con voz pero sen voto.

Os acordos da comisión paritaria requirirán, en calquera caso, ser adoptados por maioría simple

de votos, quedando validamente constituída a dita comisión, cando sexa convocada por calquera das partes, logo de citación telegráfica con polo menos 72 horas de anticipación.

As partes asinantes deste convenio elaborarán o regulamento de funcionamento da devandita comisión coa sede que eles determinarán.

Artigo 35º.-Réxime sancionador.

En canto ó réxime sancionador terase en conta a lexislación laboral vixente e o Regulamento do xogo do bingo da Comunidade Autónoma de Galicia.

Para a aplicación de sancións terase en conta o maior ou menor grao de responsabilidade do que comete a falta, categoría profesional do infractor e repercusión do feito nos demais traballadores, no público e na empresa.

Artigo 36º.-Abuso de autoridade. Procedemento.

Todo traballador poderá dar conta por escrito, directamente ou a través dos seus representantes, á dirección da empresa, de cantos actos supoñan abuso de autoridade dos seus compañeiros de traballo. Recibido o escrito a dirección abrirá o oportuno expediente no prazo máximo de 10 días.

En caso contrario, os representantes legais dos traballadores ou o propio interesado poderán fomula-las oportunas denuncias perante a delegación de traballo ou órgano competente.

Artigo 37º.-Festa do traballo (1º de maio).

Páctase expresamente que o primeiro de maio será día laborable, a cambio de considerar non laborables os días 24 e 31 de decembro.

II. Condicións económicas.

Primeiro.

Durante a vixencia do presente convenio, a retribución do persoal, por xornada laboral de traballo, estará constituída polo seguintes conceptos:

a) Salario base.

b) Plus de antigüidade.

c) Plus de actividade.

d) Gratificacións extraordinarias.

e) Complementos extrasalariais.

a) Salario base.

O salario base queda fixado para tódalas categorías e niveis profesionais en 85.443 pesetas mensuais.

b) Plus de antigüidade.

Tódolos traballadores terán dereito, por cada dous anos de traballo, a percibiren bienios de 2.076 pesetas mensuais cun máximo de ata o 60% do salario base, en concepto de plus de antigüidade.

c) Plus de actividade.

Durante a vixencia do primeiro ano manterase inalterable a cantidade que por tal concepto se viña percibindo. Non obstante o disposto con anterioridade, establécese un plus mínimo garantido por categorías de salas na forma seguinte:

Categorías Pesetas
Tipo salaI.V. Ad. Aux.Caixeiro/

X. mesa

X. sala

Especial16.69227.81938.948

Primeira11.12820.03127.819

Segunda 5.56411.12816.692

Terceira 3.339 5.564 8.347

As empresas de servicios que por calquera motivo abran novas salas ou realicen traslados, deberán revisar ós tres meses da súa inauguración o plus mínimo garantido.

As salas que modifiquen a súa situación durante a vixencia deste convenio serán consideradas de nova apertura.

Para fixa-la súa contía terase en conta a media de ingresos mensuais, descontando o prezo dos cartóns dos tres últimos meses a partir da data da inauguración, e tomarase como referencia a táboa de retribucións mensuais que para o plus de convenio se aprobou no convenio estatal de empresas organizadoras do xogo do bingo para o ano 1989, e que figura na parte III.

As diferencias en que máis puidesen resultar entre as cantidades como plus mínimo garantido, e o que resultase do cálculo precisaba aboarse dentro dos dous meses seguintes á fin do período establecido para o seu cálculo.

d) Gratificacións extraordinarias.

Tódolos traballadores percibirán tres gratificacións extraordinarias que aboarán ás empresas nas seguintes datas:

1. Os días 20 de decembro de cada ano.

2. O día 30 de xuño de cada ano.

3. No momento de iniciar cada traballador as súas vacacións anuais.

O importe de cada unha destas pagas estará composta polos seguintes conceptos salariais:

-Salario base.

-Plus de antigüidade.

-Plus de actividade.

e) Complementos extrasalariais.

Os únicos complementos extrasalariais pactados no presente convenio son os seguintes:

1. Quebranto de moeda.

As empresas aboaranlles ós xefes de mesa, caixeiros e locutores-vendedores, así como persoal que realice

as ditas funcións, un plus de quebranto de moeda de 4.414 pesetas mensuais durante 11 meses ó ano.

O plus cobrarano proporcionalmente os días traballados aqueles traballadores que realicen funcións de cambio de moeda nas máquinas recreativas e de azar e instaladas nas salas de bingo.

2. Plus de transporte.

Como compensación de gastos de desprazamento e medios de transporte dentro da localidade, así como desde o domicilio ós centros de traballo e regreso, establécese un plus de distancia e transporte na contía de 6.889 pesetas mensuais durante 12 meses para tódalas categorías.

3. Plus de prolongación de xornada.

Co fin de compensar economicamente a aqueles traballadores que, por necesidades reais das salas, teñan que realizar traballos fóra das horas normais, tales como cerramento de caixa, recollida da sala, revisión de cartóns, etc., as empresas aboaranlles un plus de prolongación de xornada mensual durante 11 meses ó ano na seguinte forma:

-Categoría A: 4.049.

-Categoría B: 3.863.

-Categoría C: 3.450.

Sempre que se perciba este plus, o tempo dedicado á realización dos ditos traballos non terá a conceptualización de horas extraordinarias, este tipo de prolongación de xornada en ningún momento poderá dedicarse á atención dos clientes.

Tódolos conceptos salariais e extrasalariais, en caso de traballadores a tempo parcial, descontinuo, ou ben en caso de desempeño transitorio de funcións, serán aboados na parte proporcional que corresponda a cada caso, entendéndose que as contías previstas se corresponden coa xornada normal de traballo pactada neste convenio.

Segundo.

Horas extraordinarias.

Ante a situación de paro e para favorece-la creación de novos postos de traballo, as partes acordan regula-las horas extraordinarias con carácter restrictivo de acordo con:

a) Suprímense as horas extraordinarias con carácter habitual.

b) Só se poderán realizar horas extraordinarias por necesidades de carácter estructural.

c) Cada hora de traballo que se realice sobre a duración máxima da xornada laboral aboarase de acordo coa seguinte escala:

-Categoría A: 1.412 pesetas.

-Categoría B: 1.331 pesetas.

-Categoría C: 1.257 pesetas.

d) O número de horas extraordinarias non poderá ser superior ó establecido na lexislación vixente.

e) A prestación de traballo en horas extraordinarias será voluntaria.

f) A realización de horas extraordinarias rexistrarase día a día e totalizarase semanalmente, entregándolle copia do resumo semanal ó comité de empresa ou ós delegados de persoal e ó traballador afectado.

Terceiro.

Revisión salarial.

Se a 31 de decembro de 1996, o IPC supera o 3,5%, levarase a cabo unha revisión salarial, nos conceptos, entre esta cantidade e o IPC real.

Horario máximo de peche.

Acórdase que o horario máximo de peche das salas sexa ó seguinte:

InvernoVerán
Do 1/10 ó 30/6Do 30/6 ó 30/9

Sábados e vésperas de

festivos

3.30 h4 h

Resto días3 h3.30 h

A pesar do anterior, con autorización expresa da autoridade competente, e con acordo máximo de tódalas salas dun mesmo municipio, estes horarios poderán ser ampliados sobre os horarios fixados e nunca por período superior a un mes.

6871