Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 25 de setembro de 1996 Páx. 8.658

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, na sesión do 26 de xullo de 1996, aprobou a variación de determinacións singulares no proxecto de urbanización da unidade de execución do SAU-6 (sector 1), que se reflictan na correspondente documentación técnica.

Durante o prazo de quince días seguintes ó da publicación deste anuncio, poderase examina-lo expediente e formularse alegacións. De non producirse obxeccións que se opoñan ó acordado, as modificacións do proxecto entenderanse definitivamente aprobadas.

Nigrán, 29 de xullo de 1996.

José Villar Pereira

Alcalde

6083