Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 25 de setembro de 1996 Páx. 8.658

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión ordinaria celebrada o día 12 de xullo de 1996, acordou aprobar definitivamente o proxecto de urbanización das rúas Travesa e Tras da Cerca, en Seixalbo, o que se pon en xeral coñecemento, en cumprimento do establecido no artigo 124 do Real decreto lexislativo 1/1992, facendo constar expresamente que contra o dito acordo as persoas interesadas poderán interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da inserción deste anuncio, sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que considere conveniente.

Ourense, 17 de xullo de 1996.

O alcalde-presidente

Rubricado

6087