Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 25 de setembro de 1996 Páx. 8.658

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NARÓN

EDICTO do 29 de xullo de 1996 polo que se somete a información pública a aprobación do proxecto de urbanización das rúas transversais á estrada de Castela.

O Pleno do Concello, en sesión celebrada o día trinta de maio de mil novecentos noventa e seis, aprobou inicialmente o proxecto de urbanización das rúas transversais á estrada de Castela, promovido por Nemesio Quintiá Luaces e redactado polo arquitecto Manuel Chaín Pérez.

Exponse ó público durante o prazo de quince días contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O expediente quedará á disposición de calquera que desexe examinalo, na Unidade de Obras e Urbanismo, podéndose presentar neste prazo as alegacións que se consideren pertinentes.

Narón, 29 de xullo de 1996.

Xoan Gato Díaz

Alcalde

9606115