O Concello Pleno, en sesión ordinaria celebrada o día 12 de xullo de 1996, acordou aprobar definitivamente o proxecto de urbanización da Rúa da Mendo, en Seixalbo, o que se pon en xeral coñecemento, en cumprimento do establecido no artigo 124 do Real decreto lexislativo 1/1992, facendo constar expresamente que contra o dito acordo as persoas interesadas poderán interpor recurso con
tencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da inserción deste anuncio, sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que considere conveniente.
Ourense, 17 de xullo de 1996.
O alcalde-presidente
Rubricado
6876