Esta Consellería de Cultura e Comunicación Social, unha vez cumprido-los trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso, procedemento aberto, trámite de urxencia, as subministracións que se citan:
-Adquisición de diverso material mobiliario para o Arquivo Histórico Provincial de Lugo:
Orzamento de licitación: tres millóns trescentas corenta e cinco mil trescentas trinta e seis pesetas (3.345.336), IVE incluído.
Prazo de execución: 15 (quince) días.
Fianza provisional: 66.907 ptas.
-Adquisición de mobles arquivadores para o Arquivo do Reino de Galicia.
Orzamento de licitación: cinco millóns seiscentas corenta e seis mil setecentas cincuenta e nove pesetas (5.646.759 ptas.), IVE incluído.
Prazo de execución: 15 (quince) dias.
Fianza provisional: 112.935 ptas.
-Adquisición de audeis para o Arquivo do Reino de Galicia.
Orzamento de licitación: dous millóns oitocentas corenta e seis mil catrocentas oitenta e sete pesetas (2.846.487), IVE incluído.
Prazo de execución: 15 (quince) días.
Fianza provisional: 56.930 ptas.
Exposición dos pregos: o prego de prescricións técnicas e o prego de cláusulas administrativas estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura e Comunicación Social, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, de 10 a 14 horas, e no teléfono (981) 58 89 38.
Prazo de presentación de proposicións: será de 13 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG.
Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se envían por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.
Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.
Os licitadores que se presenten a máis dunha subministración deberán presenta-la documentación para cada unha dela.
Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura e Comunicación Social.
Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.
O importe do anuncio do presente concurso será por conta dos adxudicatarios.
Santiago de Compostela, 16 de setembro de 1996.
José Mª. Sánchez González
Secretario xeral da Consellería de Cultura e Comunicación Social
6079