Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 24 de setembro de 1996 Páx. 8.624

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de exposición pública do estudio de detalle da U.E. II-04 para uso industrial Ricardo Mella.

O Pleno do Concello, en sesión do día 8-2-1996, acordou o seguinte:

1. Aprobar inicialmente o estudio de detalle da U.E. II-04 para uso industrial Ricardo Mella na parroquia de San Andrés de Comesaña, promovido pola comunidade de bens San Andrés, representada por Alberto Alonso Macía e Bartolomé Campins Transpuesto, redactado polos arquitectos Arturo e Eduardo Fraga Fernández e visado polo COAG con data 12 de maio de 1995, tendo en conta que a parcelación e a asignación de edificabilidade que figura no estudio de detalle debe considerarse, a título indicativo, pendente de concreción no oportuno proxecto de compensación.

2. Somete-lo expediente a información pública durante o prazo de quince días mediante anuncios no DOG, BOP, taboleiro oficial de anuncios do concello e un xornal dos de maior circulación da provincia, con notificación persoal ós propietarios e restantes interesados directamente afectados.

O que se fai público en cumprimento do punto 2º do acordo plenario, e signifícase que o prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate dos quince días contados desde o derradeiro anuncio.

A documentación atópase na oficina municipal de información (baixo do concello).

Vigo, 4 de setembro de 1996.

José Antonio Gil Sotres

Alcalde Acctal.

Números de teléfono do Diario Oficial de Galicia

Teléfonos: 544268 - 544270

Fax: 544272 - 544273