Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 23 de setembro de 1996 Páx. 8.584

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto da modificación singular número 6 das normas subsidiarias de ordenación urbana do concello de Nigrán.

O Pleno do Concello, en sesión celebrada o día 26 de xullo de 1996, aprobou inicialmente o proxecto de modificación singular número 6 das normas subsidiarias municipais de ordenación urbana, que ten por obxecto outorgarlle a cualificación de equipamento socio-cultural e administrativo a un terreo lindante coa Casa Consistorial, coa finalidade de emprazar unha serie de servicios administrativos próximos a esta, xa que están directamente relacionados con ela, ademais de dispoñer de espacio para un centro cultural.

Polo presente anuncio sométese a información pública o expediente polo prazo dun mes, período durante o que poderá ser examinado e formularse alegacións.

Ó propio tempo, faise pública a suspensión do outorgamento de licencias na área afectada.

Nigrán, 29 de xullo de 1996.

José Villar Pereira

Alcalde

9605951