Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 23 de setembro de 1996 Páx. 8.584

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

EDICTO do 11 de setembro de 1996 polo que se anuncia o sometemento a información pública do P.E.P.R.I.

Recibido neste concello con data 22-7-1996, a documentación elaborada polo equipo redactor (Oficina de Planeamento, S.A.) das modificacións introducidas por acordo plenario con data 6-5-1996 no P.E.P.R.I.

É sometido a información pública durante un mes (xornal El Progreso 31-7-1996 e DOG do 8-8-1996), o alcalde, en atención ás peticións dun novo prazo para maior estudio e presentacións de alegacións, por Decreto con data 11-9-1996, acordou somete-lo expediente do P.E.P.R.I. de novo a información pública polo prazo dun mes, durante o cal poderá ser examinado no Servicio de Urbanismo (oficinas municipais da rúa Quiroga Ballesteros), para os efectos de presenta-las reclamacións ou suxerencias que se desexen.

Lugo, 11 de setembro de 1996.

Joaquín Mª García Díez

Alcalde

9606114