Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 23 de setembro de 1996 Páx. 8.584

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

APROBACIÓN inicial do estudio de detalle das parcelas número 31-31 e 19, 20 e 21 da UE IV-02 Jenaro de la Fuente.

O Pleno do Concello, en sesión do día 5-7-1996, acordou o seguinte:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o estudio de detalle das parcelas 31-31 e 19, 20 e 21 da UE IV-02 Jenaro de la Fuente (expediente 3975/411), redactado polo arquitecto Martín Curty e visado polo COAG con data 26-2-1996.

Segundo.-Declarar que, en todo caso, a eficacia do acordo de aprobación definitiva deste estudio de detalle quedará condicionada a que, por parte da xunta de compensación urbanizadora do ámbito, e unha vez adoptado tal acordo, se tramite e presente para a súa aprobación por este concello a modificación do proxecto de compensación no que se reflicta a nova asignación de edificabilidade das parcelas obxecto deste estudio de detalle.

Terceiro.-Somete-lo expediente a información pública polo prazo de quince días, mediante a inserción de anuncios no DOG, BOP, un dos xornais de maior circulación da provincia e no taboleiro oficial de edictos da Casa do Concello, con notificación persoal ós propietarios do ámbito.

O que se fai público en cumprimento do punto 3º do acordo plenario, e signifícase que o prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate dos quince días contados desde o derradeiro anuncio.

A documentación atópase na oficina municipal de información (baixo do concello).

Vigo, 20 de xullo de 1996.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

AVISO PARA OS ANUNCIANTES

PREZOS PARA A PUBLICACIÓN DE ANUNCIOS

NO DOG A PARTIR DO 1 DE XANEIRO DE 1996

(Decreto 289/1995, do 3 de novembro,

DOG do 9 do mesmo mes)

-Tramitación ordinaria: 445 pesetas/liña de 54 espacios.

-Tramitación urxente: 890 pesetas/liña de 54 espacios.