Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 23 de setembro de 1996 Páx. 8.580

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da resolución dos expedientes sancionadores en materia de caza que se citan, devoltos polo servicio de correos (expedientes C-133/1995 e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4ª da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, as resolucións dos ditos expedientes, por infracción á Lei de caza, do 4 de abril de 1970 e ó regulamento para á súa execución, do 25 de marzo de 1971 (BOE 30-3-1971).

Contra a dita resolución e de conformidade co dispsoto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñerse recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

O importe de sanción así como o da indemnización, farase efectivo dentro do prazo dun mes contando desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 311-152-115/8 da Caixa Galicia (2091), oficina principal de Lugo (152). De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase o seu cobro pola vía de constrínximento.

Para proceder ó aboamento da sanción, deberá utiliza-los impresos normalizados que lle serán faci

litados na Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla.

ANEXO

Expediente: C-133/1995.

Denunciado: Indalecio Diéguez González.

DNI: 33.830.163.

Último enderezo coñecido: r/ Nogueira, 32, Lugo.

Feitos imputados: adicarse ó deporte da caza na zona militar de San Cibrao (Lugo), acompañado dun can. Feitos constatados con data 26-11-1995.

Preceptos infrinxidos: artigos 48.2.25 e 48.3.11 do Regulamento de caza.

Cualificación da infracción: menos grave.

Sanción: 3.500 ptas. de multa e 1.000 ptas en substitución do comiso dun can.

Expediente: C-134/1995.

Denunciado: Carlos Diéguez González.

DNI: 33.847.271.

Último enderezo coñecido: Fervedoira, 8-1º Lugo.

Feitos imputados: adicarse ó deporte da caza na zona militar de San Cibrao (Lugo), acompañado dun can. Feitos constatados con data 26-11-1995.

Preceptos infrinxidos: artigos 48.2.25 e 48.3.11 do Regulamento de caza.

Cualificación da infracción: menos grave.

Sanción: 3.500 ptas. de multa e 1.000 ptas en substitución do comiso dun can.

Expediente: C-138/1995.

Denunciado: Santiago López Fernández.

DNI: 33.612.166.

Último enderezo coñecido: estrada S. Xoán, 12, Ferrol (A Coruña).

Feitos imputados: practica-la caza menor portando dous carguchos de bala incumprindo a Orde 9-10-1995 (DOG do 18-10-1995). Feitos constatados o día 3-12-1995 no terreo de réxime cinexético común de Muras-Lugo.

Preceptos infrinxidos: artigos 48.3.18 do Regulamento de caza.

Cualificación da infracción: leve.

Sanción: 2.000 ptas. de multa.

Expediente: C-139/1995.

Denunciado: Manuel Ángel Leira Pérez.

DNI: 32.628.522.

Último enderezo coñecido: r/ Acinteira, 1, Ferrol (A Coruña).

Feitos imputados: practica-la caza menor portando dous cartuchos de bala incumprindo a Orde 9-10-1995 (DOG do 18-10-1995). Feitos constatados o día 3-12-1995 no terreo de réxime cinexético común de Muras-Lugo.

Preceptos infrinxidos: artigo 48.3.18 do Regulamento de caza.

Cualificación da infracción: leve.

Sanción: 2.000 ptas. de multa.

Lugo, 27 de agosto de 1996.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

6638