Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 23 de setembro de 1996 Páx. 8.579

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación das propostas de resolución formuladas pola instructora, nos expedientes sancionadores de pesca fluvial que se citan (expediente 96/0073 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data resolvín publica-las propostas de resolución dos procedementos sancionadores que se instrúen, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, (DOG nº 151, do 5 de agosto), por non ser posible a súa notificación.

Os interesados dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coiden pertinentes. No mesmo prazo póñense os procedementos de manifesto para trámite de vista se o consideran oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, estas propostas, xunto con tódolos documentos que constan nos expedientes, remitiránselle ó delegado provincial da Coruña para a resolución dos procedementos.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

A Coruña, 27 de agosto de 1996.

Beatriz Rodríguez Fraga

Instructora

ANEXO

Tipificación infracción

Lei de pesca

ExpedienteDenunciado

DNI

Último enderezo coñecido

Feitos denunciadosArtigo

infrinxido

CualificaciónSanción

proposta

P-96/0073José M. García del Río

33.156.007

Av. de Oleiros, 8-2º

A Coruña

Pescar nun lugar vedado34.6ºMenos grave50.001 multa

Inhab. 1 ano

P-96/0109Álvaro A. Fernández Fariña

52.433.837

José Mª Hernán Sáez, 2-1º

A Coruña

Pescar nunha zona vedada e posuír troitas de tamaño menor có regulamentario34.6º

33.9º

Menos grave

Leve

50.001 multa

5.300 Indemiz.

Inhab. 1 ano

P-96/0112Jesús Ferreiro Corral

33.209.452

Picaños, 46

Santiago de Compostela

Pescar unha troita de tamaño menor có regulamentario33.9ºLeve10.000 multa

6555