Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 23 de setembro de 1996 Páx. 8.581

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 26 de agosto de 1996 pola que se aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea de cultivo de mexillón denominada D.L. número 2, a favor de Gabriel Fernández Somoza e Encarnación Sánchez Mora.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta o previsto no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio de 1993), e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe do Servicio Xurídico de Planificación, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: D.L. nº 2.

Cultivo: mexillón.

Localización: Caramiñal E, cuadrícula nº 78.

Data da concesión: 5-10-1954.

Data do remate da última prórroga: 12-11-2004.

Anterior concesionario: Ramón Fernández Sánchez.

Novo titular da concesión e batea: Gabriel Fernández Somoza y Encarnación Sánchez Mora.

O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña, 26 de agosto de 1996.

P.D. (Orde 27-6-1990)

Jesús Espada Martínez

Delegado territorial da Coruña

6474