Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 23 de setembro de 1996 Páx. 8.570

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 1996, do tribunal número dous designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), convocado por Orde do 26 de decembro de 1995 (DOG número 8 do 11 de xaneiro de 1996), polo que se ordena a publicación do acordo adoptado na sesión celebrada na mesma data desta resolución sobre o sinalamento da data, a hora e o lugar de celebración do segundo exercicio do dito proceso selectivo.

Na sesión celebrada o día 19 de setembro de 1996 polo tribunal número dous designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), convocado por Orde do 26 de decembro de 1995. acordouse, de conformidade co disposto nas bases II.3.3 e II.3.4 da convocatora, que o segundo exercicio da fase de oposición se celebrará o día 28 de setembro de 1996 comezando á 9 horas da mañá na facultade de Ciencias Económicas da Universidade de Santiago de Compostela, sita no Campus Universitario, en chamamento único, abríndose as portas ó lugar de acceso para a realización do exame ás 8 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI e bolígrafo ou pluma estilográfica.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 1996.

Rafael Urtasun Amann

Presidente do tribunal número dous

6953