Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 23 de setembro de 1996 Páx. 8.570

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 1996, do tribunal número un designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), convocado por Orde do 26 de decembro de 1995 (DOG número 8 do 11 de xaneiro de 1996), polo que se ordena a publicación do acordo adoptado na sesión celebrada na mesma data desta resolución sobre o sinalamento da data, a hora e o lugar de celebración do segundo exercicio do dito proceso selectivo.

Na sesión celebrada o día 18 de setembro de 1996 polo tribunal número un designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), convocado pola Orde do 26 de decembro de 1995, acordouse, de conformidade co disposto nas bases II.3.3. e II.3.4. da convocatoria, que o segundo exercicio da fase de oposición se celebrará o día 28 de setembro de 1996 comenzando ás 9 horas da mañá na facultade de Ciencias Económicas da Universidade de Santiago de Compostela, sita no Cam

pus Universitario, en chamamento único, abríndose as portas ó lugar de acceso para a realización do examen ás 8 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos do D.N.I. e bolígrafo ou pluma estilográfica.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 1996.

Joaquín López-Rúa Soler

Presidente do tribunal número un

6927