Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 23 de setembro de 1996 Páx. 8.570

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 17 de setembro de 1996 pola que se modifica a composición dos tribunais que deberán cualifica-los procesos selectivos para o ingreso nos distintos corpos de Administración da Xunta de Galicia.

Presentadas renuncias por parte de Carlos Negreira Souto, nomeado presidente titular do tribunal C-2 encargado de cualifica-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo administrativo da Xunta de Galicia, e de José Ramón Pardo Cabarcos, nomeado presidente suplente do tribunal B-1 encargado de cualifica-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, pola Orde do 29 de maio de 1996 (DOG nº 108, do 3 de xuño) (corrección de erros DOG nº 116, do 13 de xuño) esta consellería, de conformidade co establecido na normativa vixente,

DISPÓN:

Acepta-la renuncia de Carlos Negreira Souto como presidente titular do tribunal número dous do grupo C, e nomear no seu lugar a Manuel Antonio Silva Romero, secretario xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Acepta-la renuncia de José Ramón Pardo Cabarcos como presidente suplente do tribunal número un do grupo B, e nomear no seu lugar a Eliseo Sastre Serrano, subdirector xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

6926