Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 23 de setembro de 1996 Páx. 8.570

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 1996, do tribunal número un designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B), convocado por Orde do 26 de decembro de 1995 (DOG número 8, do 11 de xaneiro de 1996), polo que se ordena a publicación do acordo adoptado na sesión celebrada na mesma data desta resolución sobre o sinalamento da data, a hora e o lugar de celebración do segundo exercicio do dito proceso selectivo.

Na sesión celebrada o día 19 de setembro de 1996 polo tribunal número un designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia (grupo B),

convocado pola Orde do 26 de decembro de 1995, acordouse, de conformidade co disposto nas bases II.3.3. e II.3.4. da convocatoria, que o segundo exercicio da fase de oposición se celebrará o día 29 de setembro de 1996 comezando ás 10 horas da mañá na facultade de Ciencias Económicas da Universidade de Santiago de Compostela, sita no campus universitario, en chamamento único, abríndose as portas ó lugar de acceso para a realización do exame ás 9 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos do DNI e bolígrafo ou pluma estilográfica.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 1996.

Pablo Figueroa Dorrego

Presidente do tribunal número un

6954