Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 20 de setembro de 1996 Páx. 8.552

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARBADÁS

ANUNCIO.

A Corporación Municipal, na sesión do día da data, acordou a adopción do escudo municipal, coa seguinte descrición: «De azur (azul), os cinco crecentes de prata (branco) coas súas cinco estrelas de ouro (amarelo); franco-cuartel de prata con seis roeis de azur; ó timbre coroa real pechada».

De conformidade co disposto no artigo 3 do Decreto 258/1992, do 10 de setembro, da Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia, sométese a información pública, polo prazo dun mes, o mencionado expediente, no que consta o deseño do escudo, para que se poidan formula-las alegacións ou reclamacións que se coiden pertinentes.

Barbadás, 9 de setembro de 1996.

O alcalde

Rubricado

6774