Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 20 de setembro de 1996 Páx. 8.552

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARBADÁS

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Pleno municipal, na sesión do día da data, o proxecto de urbanización e axardinamento de xona verde e viais na UE-4 do predio Fierro (A Valenzá), promovido por Organización Inmobiliaria Orensana, S.L., Juan Veiga Fernández e outros, sométese o expediente a información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, podendo ser examinado na secretaría municipal e presenta-las alegacións que se consideren pertinentes, de conformidade co disposto no artigo 117 do texto refundido da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana, do 26 de xuño de 1992.

Barbadas, 9 de setembro de 1996.

O alcalde

Rubricado

6773