Convócase concurso público, por procedemento aberto, trámite de urxencia, para a subministración dun polarímetro dixital automático con microprocesador para a Facultade de Ciencias.
O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de subministracións, por concurso público, pódese retirar na xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do rectorado sita en r/ Maestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres e das 9 ás 14 horas.
As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, r/ Maestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres e das 9 ás 14 horas.
O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación das proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da xerencia; se este día coincide en sábado realizarase o luns seguinte á mesma hora.
Ozamento de contratación: catro millóns de pesetas (4.000.000 de ptas.).
Garantía provisional: oitenta mil pesetas (80.000 ptas.).
A Coruña, 16 de setembro de 1996.
José María Pujalte Giménez
Xerente
6772