Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 20 de setembro de 1996 Páx. 8.552

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARBADÁS

ANUNCIO.

Aprobada inicialmente polo Pleno municipal, na sesión do día da data, a modificación das normas subsidiarias municipais no SAPU-C (artigo 125), na SU-UE-6 (artigo 112), e en parte da banda de edificación de execución directa pegada á UE-6 pola baixada a Vilaescusa, sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para o seu exame na secretaría municipal e presenta-las alegacións que se consideren pertinentes, de conformidade co disposto no artigo 117 do texto refundido da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana, do 26 de xuño de 1992.

Barbadás, 9 de setembro de 1996.

O alcalde

Rubricado

9606778