Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 20 de setembro de 1996 Páx. 8.541

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se fai pública a adxudicación do concurso aberto para a contratación da subministración consistente na adquisición de dous lotes de mobiliario e utensilios de oficina para escolas e centros de capacitación e extensión agraria (SEA-355).

Por Resolución do 21 de mayo de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, anunciouse o citado concurso aberto.

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa, o titular da consellería resolveu adxudicárlle-la subministración ás empresas:

-Lote 1: máquinas fotocopiadoras, de escribir, material de proxección, grampadoras eléctricas, fax, calculadoras, etc.

Acsa Galicia, S.A., importe de adxudicación: 6.942.331 ptas.

Lote 2: mobiliario diverso para oficinas e residencias de escolas, etc.

Imagen Hostelería y Oficinas, S.L., importe de adxudicación: 4.063.925 ptas.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993, DOG nº 239, do 14-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

6563