Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 20 de setembro de 1996 Páx. 8.542

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 1996 pola que se anuncia, polo sistema de concurso procedemento aberto, a contratación da subministración do amoblamento de bibliotecas públicas municipais de nova creación nas localidades de Ares, Oseiro (Arteixo), O Ézaro (Dumbría), Touro, San Vicente (Val do Dubra), Barbadás, Beariz, Parada de Sil, Verea, A Lama e A Cañiza.

Esta Consellería de Cultura e Comunicación Social, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso, procedemento aberto, a subministración que se cita:

-Amoblamento de bibliotecas públicas municipais de nova creación nas localidades de Ares, Oseiro (Arteixo), O Ézaro (Dumbría), Touro, San Vicente (Val do Dubra), Barbadás, Beariz, Parada de Sil, Verea, A Lama e A Cañiza.

-Orzamento de licitación: doce millóns cento trinta e unha mil seiscentas corenta ptas. (12.131.640 ptas.) IVE incluído.

-Prazo de execución: un (1) mes.

-Clasificación requirida: non se esixe.

-Fianza provisional: 242.633 ptas. (duascentas corenta e dúas mil seiscentas trinta e tres ptas.)

-Exposición dos pregos: o prego de prescricións técnicas e o prego de cláusulas administrativas estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura e Comunicación Social, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, de 10 a 14 horas, e no teléfono 981/58 89 38.

-Prazo de presentación de proposicións: será de 26 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación da presente resolución no DOG.

-Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do décimo día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura e Comunicación Social.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

-O importe do anuncio do presente concurso correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 1996.

José Mª. Sánchez González

Secretario xeral da Consellería de Cultura e Comunicación Social

6810