Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 20 de setembro de 1996 Páx. 8.541

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 1996, da Dirección Xeral de Industria, pola que se lle concede ó centro de estudios Vértice a renovación para a cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico- prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador autorizado de gas, para as categorías IG-I e IG-II.

Vista a solicitude presentada por Catalina Arévalo Blázquez como directora-propietaria do centro de estudios Vértice e a documentación anexa, na que solicita que lle sexa concedida a renovación da cualificación de entidade para impartir cursos de instaladores de gas grupos IG-I e IG-II.

Vista a Orde do 17 de decembro de 1985 pola que se aproban a instrucción sobre documentación e posta en servicio das instalacións receptoras de gas combustible e a instrucción sobre instaladores autorizados de gas e empresas instaladoras (BOE do 9-1-1986).

Considerando que se cumpriron os requisitos regulamentarios establecidos.

Esta Dirección Xeral de Industria,

RESOLVE:

Outorgar ó centro de estudios Vértice, a renovación da cualificación de entidade recoñecida para imparti-los cursos de formación de instaladores de gas, de conformidade co establecido no capítulo III da Orde de 17 de decembro de 1985, na provincia da Coruña.

Para imparti-los cursos, presentará perante a Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña, fotocopia da presente resolución, táboa de tarefas e programación de cursos previstos.

Para efectos estatísticos e de control, deberá presentar na Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, unha memoria anual de actuacións e nesta dirección xeral un resumo destas.

Esta autorización deberase renovar ós dous anos, para o que acreditará perante esta Dirección Xeral de Industria, o cumprimento dos requisitos esixidos na autorización inicial.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa poderá interpoñerse, no prazo dun mes, recurso ordinario ante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, de acordo co establecido na Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 1996.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

6588