Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 20 de setembro de 1996 Páx. 8.540

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 620/1996).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da entidade mercantil Agrupación de Interés Económico de Fabricantes de Queso, con enderezo social na Plaza do Concello, s/n, 15810

Melide (A Coruña), para a autorización administrativa da instalación seguinte:

Planta de coxeración de enerxía eléctrica e calor, que se vai instalar na futura factoría de tratamento de soro lácteo, que se instalará nas parcelas 33 e 34 do parque empresarial de Melide, cunha potencia eléctrica total de 3.300 kW e de características básicas as seguintes:

-Tres motores de combustión interna cunha potencia de 1.150 kW cada un, funcionando con gasóleo C.

-Tres xeradores síncronos trifásicos de 1.325 kVA cada un, tensión de xeración 380 V e factor de potencia 0,8.

-Instalacións complementarias de aproveitamento de calores en forma de vapor a 190º C e auga quente.

-Instalacións eléctricas de transformación, regulación e control de todo o sistema.

-Outras instalacións auxiliares e de interconexión coas liñas eléctricas da compañía eléctrica distribuidora.

O investimento necesario para a pranta esímase en 250.850.000 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo de Monelos, 15701 A Coruña.

A Coruña, 27 de agosto de 1996.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial en funcións da Coruña

6480