Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 20 de setembro de 1996 Páx. 8.540

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 644/1996 R.C.I. 15/18.028).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da entidade mercantil Marcelino Lema, S.L., con enderezo social no lugar de Bastavales, 15280 Brión (A Coruña), para a autorización administrativa da instalación seguinte:

Planta de coxeración de enerxía eléctrica e calor, que se vai instalar dentro do recinto da súa factoría de serrado de madeira instalada no enderezo antes referido, cunha potencia eléctrica total en bornas dos xeradores de 2.160 kW, composto por:

-Dous motores de combustión interna alternativos, funcionando con gasóleo, de 1.137 kW mecánicos cada un.

-Dous xeradores síncronos trifásicos de 1.080 kW cada un, tensión de xeración 6 kV, factor de potencia 0,8.

-Un centro de transformación eléctrica, con dous transformadores de 1.600 kVA de potencia de cada un.

-Instalacións complementarias de aproveitamento de calores en forma de gases e auga quente.

-Instalacións de baixa tensión de regulación e control de todo o sistema.

-Outras instalacións auxiliares e de interconexión coas liñas eléctricas da compañía eléctrica distribuidora.

O investimento necesario para a pranta esímase en 83.000.000 de ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo de Monelos, 15701 A Coruña.

A Coruña, 27 de agosto de 1996.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial en funcións da Coruña

6436