Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 20 de setembro de 1996 Páx. 8.540

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 625/1996 R.C.I. 15/18.019).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude de Jesús Becerra Mañana, con enderezo no lugar de Mesoeiro nº 108, Polígono de Pocomaco, concello da Coruña, para a autorización administrativa da instalación seguinte:

Pranta de coxeración que se vai instalar dentro do recinto da súa empresa de serrado de madeira, situada no lugar referenciado, cunha potencia eléctrica total en bornas dos xeradores de 965 kW, composta por:

-Un motor de combustión interna alternativo de 5 kW mecánicos, funcionado con gasóleo C.

-Un xerador síncrono trifásico de 965 kVA, tensión de xeración 6 kV, factor de potencia 0,8

-Un centro de transformación a 6/15 kV tipo anterior, cun transformador de 1.300 kVA.

-Instalacións complementarias de aproveitamento de calores en forma de gases e auga quente.

-Instalacións de baixa tensión, de regulación e control de todo o sistema.

-Outras instalacións auxiliares e de interconexión coas liñas eléctricas da empresa eléctrica distribuidora.

O investimento necesario para a pranta estímase en 85.124.000 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo de Monelos, 15701 A Coruña.

A Coruña, 26 de agosto de 1996.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial en funcións da Coruña

6484