Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 19 de setembro de 1996 Páx. 8.518

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

NOTIFICACIÓN (FG-256).

Notifícaselle a Residencial Solana, S.L., con enderezo en Juan Flórez, 124 baixo, 15005 A Coruña, resolución desta alcaldía do teor literal seguinte:

«Resolución nº 3036/1996.

Na Casa Consistorial de Oleiros o dezasete de xullo de mil novecentos noventa e seis, o alcalde-presidente en funcións Alfredo Novoa Gil, dicta a seguinte resolución:

Visto expediente FG nº 256, sobre estudio de detalle para a ordenación de volumes sobre as parcelas W, X, Y, Z, do Plan Parcial de Icaria, en Montrove-Liáns, tramitado de oficio por este concello.

Resultando que, con data 27-6-1996, se emitiu informe técnico no que se formula proposta favorable á aprobación inicial.

Resultando que con data 2-7-1996, se emitiu informe xurídico no que se formula proposta favorable á aprobación inicial.

Considerando os artigos 91 e 117 do texto refundido da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana.

Considerando os artigos 65 e ss., 120 e 140 do Regulamento de planeamento.

Considerando a regulación contida no Real decreto-lei 5/1995, do 7 de xuño, de medidas liberalizadoras en materia de solo e colexios profesionais.

Veño en resolver:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o estudio de detalle para a ordenación de volumes sobre parcelas W, X, Y, Z, denbtro do plan parcial de Icaria, en Montrove-Liáns.

Segundo.-Dilixencia-los planos e documentos que conforman o estudio de detale.

Terceiro.-Proceder á exposición ó público do citado expediente polo prazo de quince días hábiles, a través de anuncios no DOG e nun xornal dos de maior circulación da provincia, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se consideren oportunas.

Cuarto.-Nitificarlles a tódolos afectados o presente acordo para que no prazo de quince días poidan presentar alegacións.

Quinto.-Esta aprobación leva consigo a suspensión de licencias na área obxecto do estudio de detalle nos termos e co alcance descrito no artigo 120 do Regulamento de planeamento».

O que se notifica para os efectos oportunos.

Oleiros, 18 de xullo de 1996.

P.D.

Berta Rosón López

A secretaria accidental

6514