Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 19 de setembro de 1996 Páx. 8.517

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 1996 pola que se anuncia poxa con procedemento aberto para a execución das obras comprendidas no proxecto de acondicionamento dos locais da planta baixo cuberta do centro de servicios sociais de Monte Alto.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Obras e Concesións.

b) Número de expediente: 096/50.

2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto de acondicionamento dos locais da planta baixo cuberta do centro de servicios sociais de Monte Alto.

Prazo de execución: tres meses.

3. Forma de adxudicación: poxa.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 11.089.589 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 221.792 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: véxase punto 1.

b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º.

c) Localidade: 15001 A Coruña.

d) Teléfono: (981) 18 42 19.

e) Fax: (981) 18 42 71.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Clasificación empresarial: non se esixe.

8. Presentación de ofertas.

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado o día hábil seguinte.

b) Documentación que se presentará: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de entrada.

9. Apertura de ofertas.

a) Lugar: véxase punto 6.

b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de ofertas.

c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o contido dos mesmos («Oferta económica» e «Documentación administrativa») e o seguinte lema: «Proposición que presenta... para optar á poxa para a contratación das obras comprendidas no proxecto de acondicionamento dos locais da planta baixo cuberta do Centro de Servicios Sociais de Monte Alto».

11. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

A Coruña, 3 de setembro de 1996.

P.D.

O alcalde

Rubricado

5862